Desde o 1 de xaneiro de 2024 o alumnado en prácticas formativas, remuneradas ou non, están incluídos no sistema da Seguridade Social.
Trátase dunha extensión dos teus dereitos, deste xeito, durante as túas prácticas formativas dispoñerás dunha cobertura social (protección fronte a enfermidades ou accidentes laborais), á vez que xeras dereitos para a percepción de futuras prestacións como a xubilación.
Beneficios de cotizar
A alta na Seguridade Social protéxeche e proporciona diferentes beneficios:
- Asistencia sanitaria e prestación económica temporal en caso de maternidade, enfermidade ou accidente.
- Se tes unha incapacidade permanente para traballar tes dereito a unha pensión indefinida.
- Dereito a futuro a unha pensión de xubilación cando finalices a túa vida laboral.
- Prestacións de viuvez e orfandade para os teus familiares, en caso de falecemento.
Pero, qué pasa coas persoas que realizaron este tipo de prácticas con anterioridade a entrada desta lei?
Cotizan as prácticas anteriores ao 1 de xaneiro de 2024?
SÍ, a condición de que decidas subscribir un convenio especial.
O prazo para solicitar este convenio especial finaliza o 31 de decembro de 2028.
Podes facelo a través da Sede electrónica da Seguridade Social ou enviando unha solicitude no Portal da Tesourería Xeral da Seguridade Social.