PASOS PARA SOLICITAR A CHAVE 365

24. 03. 11

365

A Chave3655: permite acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia para as correspondentes xestións (identificarse e firmar documentos na sede lectrónica) é acceder ahttp://notifica.gal/

Persoas destinatarias: Persoas físicas.

Prazo: Aberto todo o ano.

  • Para activar a chave365 existen dous tipos distintos de actuacións:

A continuación aparéceche neste enlace donde se relacionan todas as oficinas de Galicia donde podes solicitar persoalmente a túa alta acreditando a túa identidade (DNI ou TIE): https://lnkd.in/dKTauVu

Na ESTRADA: 

Centro de Saúde da Estrada Estrada (A) Avenida Benito Vigo 110   Consultar no teléfono 986 572 063
Centro de Saúde de Oca Estrada (A) Lugar Oca, S/N                       Consultar no teléfono 986 587 746 
Oficina Agraria Comarcal da Estrada Estrada (A) Centro Comarcal Rural - Estrada PO-841 - Toedo De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres Teléfono: 886 159 343 (Non se precisa cita previa)

Unha vez que nos dan o nome de usuario e o contrasinal (que será recibido por SMS), deberás acceder ao sistema e cambialo contrasinal (por seguridade tes a obriga de cambiala última contrasinal unha vez ao ano, recibirás con antelación un sms de que está a punto de caducar). A partir deste cambio poderás facer todas a xestións que necesites e estén habilitadas neste sistema.

Ou tamén, se tes o DNI electrónico ou certificado dixital instalado no navegador, podes solicitar directamente dende a sede electrónica da Xunta de Galicia.

Procedemento con certificado dixital PR001A: https://lnkd.in/dZXyzvB