CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE
ORDE do 11 de maio de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria dos premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos de ensinanzas artísticas superiores no curso 2019/20 en centros públicos de Galicia (código de procedemento ED311G).
Estes premios, ademais de ter asinada unha dotación económica, supoñen un recoñecemento de carácter oficial para o alumnado que conta co mellor expediente académico de entre as persoas solicitantes.
Poderanse conceder ata seis premios coa seguinte distribución: 2 premios nas ensinanzas superiores de Música, 2 premios nas ensinanzas superiores de Deseño, 1 premio nas ensinanzas superiores de Arte Dramática, e 1 premio nas ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais.
As persoas premiadas recibirán unha dotación económica dun máximo de 3.000 euros e un diploma acreditativo desta distinción.
Só se poderá recibir un premio por persoa. Na simultaneidade de estudos superiores de ensinanzas artísticas no caso de que unha persoa resulte seleccionada en máis dun deles, deberá escoller en cal desexa recibir o premio.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210526/AnuncioG0598-110521-0007_gl.pdf