Consellería de Política Social e Xuventude
ORDE do 31 de decembro de 2022 pola que se aproban as bases que rexen a concesión dos premios Talento Mozo Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento BS327A).
Cos premios Talento Mozo Galicia tratarase de recoñecer e visibilizar o talento e capacidades da xuventude galega, nas modalidades de Ciencia, Rural, Deporte, Empresa e Cultura e creación.
Os premios Talento Mozo Galicia que se convocan terán as seguintes modalidades:
a) Ciencia.
b) Rural.
c) Deporte.
d) Empresa.
e) Cultura e creación.
Outorgarase un premio en cada unha das modalidades establecidas no artigo 2, cuxa dotación económica será de 5.000 euros por modalidade.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230214/AnuncioG0657-200123-0002_gl.pdf