Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
ORDE do 7 de marzo de 2023 pola que se convocan os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior da Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2021/22 (código de procedemento ED311B)
Poderanse conceder ata vinte e tres premios extraordinarios, un por cada familia de formación profesional de grao superior implantada na Comunidade Autónoma de Galicia
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230320/AnuncioG0655-070323-0002_gl.pdf