Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
ORDE do 15 de marzo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria dos premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos universitarios no ano 2022 nas universidades do Sistema universitario de Galicia (código de procedemento ED415A)
As persoas premiadas recibirán unha dotación económica dun máximo de 3.500 euros e un diploma acreditativo desta distinción.
O importe do premio estará suxeito ás retencións fiscais que legalmente correspondan.
Só se poderá recibir un premio por persoa. Na simultaneidade de graos, no caso de que unha persoa resulte seleccionada en máis dun grao, deberá escoller en que grao desexa recibir o premio.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230327/AnuncioG0655-160323-0001_gl.pdf