COBRAR UNHA PRESTACIÓN E QUERES VIAXAR AO ESTRANXEIRO?

23. 06. 07

Podo viaxar ao estranxeiro se estou a cobrar unha prestación, subsidio ou a renda activa de inserción? Se estás a cobrar prestación contributiva, subsidio por desemprego ou a renda activa de inserción (RAI) e queres trasladartee ao estranxeiro, a cobranza da prestación variará segundo cal sexa o motivo e a duración do teu traslado:

  • Por motivos laborais de menos dun ano de duración: se o traslado dura menos de doce meses continuados, a prestación suspéndese, se é superior a doce meses, extínguese.
  • Se o que estás a percibir é a RAI, no caso de traslado de residencia ao estranxeiro para buscar ou realizar un traballo, para perfeccionamento profesional ou para accións de cooperación internacional, é obrigatorio comunicalo ao Servizo Público de Emprego Estatal antes da saída, e que este o autorice. Se o traslado dura menos de seis meses continuados, a prestación suspéndese e se é maior de seis meses, extínguese. Se non comunicas ao Servizo Público de Emprego Estatal o traslado ao estranxeiro, supoñerá unha infracción que dará lugar ao comezo dun procedemento sancionador, cuxa sanción é a extinción do dereito.
Por motivos laborais durante un ano ou máis en caso de percibir prestación contributiva ou subsidio de desemprego, ou durante seis meses ou máis, se estás a percibir a renda activa de inserción:
 
  • Se estás a cobrar prestación contributiva ou subsidio por desemprego e vaste trasladar ao estranxeiro durante un ano ou máis para traballar, buscar traballo, realizar estudos que melloren a túa preparación profesional, ou por accións de cooperación internacional, dita prestación ou subsidio extínguense.
  • Se estás a cobrar a renda activa de inserción e trasládaste ao estranxeiro durante seis meses ou máis para traballar, buscar traballo, realizar estudos que melloren a túa preparación profesional, ou para accións de cooperación internacional, dita renda extínguese.
  • Por outras causas non máis de 15 días:
  • Se a saída non é superior a 15 días naturais, xa sexan continuados ou non, durante cada ano natural, a prestación mantense sempre que poida cumprir coas obrigacións establecidas na lei. É conveniente que comuniques ao Servizo Público de Emprego Estatal a saída antes de producirse. Á volta do estranxeiro, debes presentarte na oficina de emprego o primeiro día hábil seguinte ao seu regreso.
  • Por outras causas máis de 15 días e ata 90: Se a estancia no estranxeiro é por un período continuado ou non, superior a 15 días e de ata 90 días naturais como máximo dentro de cada ano natural, as prestacións suspéndense. Antes de dita saída é obrigatoria a comunicación previa ao Servizo Público de Emprego Estatal e que este autorice dita saída.
  • Trasládome á UE/EEE ou Suíza e quero seguir cobrando a prestación: Se percibes prestacións e permaneciches rexistrado ou rexistrada como demandante de emprego durante polo menos catro semanas en España e trasládaste a buscar emprego a un país da Unión Europea (UE), Espazo Económico Europeo (EEE) ou a Suíza, podes exportar dita prestación durante tres meses, prorrogables por outros tres.

INFORMACIÓN COMPLETA: https://www.sepe.es/HomeSepe/Personas/distributiva-prestaciones/estoy-cobrando-el-paro-y/me-traslado-al-extranjero.html