SUBSIDIOS QUE PODES SOLICITAR AO SEPE EN CASO DE NON TER DEREITO A PARO

24. 05. 08

Requisito xeral: Ter entre 30 e 55 anos.

1) SUBSIDIO POR COTIZACIÓNS INSUFICIENTES: O subsidio por insuficiencia de cotización, ou tamén chamado «mini paro» do SEPE, é unha prestación económica para desempregados/as que perderon involuntariamente o seu traballo, é dicir, están en situación legal de desemprego. Esta prestación está destinada a esas persoas que non cumpren o requisito mínimo de cotización ou para cobrar a prestación contributiva, que lembremos son 360 días nos últimos 6 anos desde a data en que causa baixa na Seguridade Social. Ademais dos requisitos de acceso, tamén hai diferenzas respecto a a prestación contributiva, como a contía e a duración, a cal virá determinada tanto polo tempo cotizado como pola situación familiar do desemprego.

Requisito: Cotizar por desemprego durante polo menos 3 meses no caso de ter cargas familiares ou 6 meses se non se teñen.

A contía do subsidio por desemprego vén determinada polo indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) vixente, que en 2023 é de 600 euros (estamos pendente de que se actualice en 2024 coa aprobación dos Presupostos Xerais do Estado). Concretamente, é o 80% do IPREM, polo que esta contía sitúase nos 480 euros mensuais.

Agora ben, hai que ter en conta que se a perda de traballo fóra a tempo parcial, a contía será proporcional ás horas previamente traballadas no último contrato, é o que se coñece como subsidio parcial.

Duración: 

Sen responsabilidades familiares: a duración é de 180 días, é dicir, 6 meses.

Con responsabilidades familiares: A duración pode chegar ata os 21 meses. De modo que se cotizou 3, 4 ou 5 meses, a prestación durará 3,4 ou 5 meses respectivamente. No caso de habar cotizado polo menos 180 días, entón a prestación poderá ter unha duración máxima de 21 meses, sendo necesario renovar o subsidio cada 6 meses.

Prazo de solicitude: 15 días hábiles desde a finalización do contrato. 

 

2) AXUDAS POR CARGAS FAMILIARES:  Esta axuda está destinada a persoas desempregadas que teñen responsabilidade familiar: fillos/as menores de idade ou maiores cunha discapacidade igual ou superior ao 65%.

A duración desta prestación dependerá de dous factores: o tempo que se cobrou o paro e a idade da persoa solicitante, tal que así:

- Se o parado/a é menor de 45 anos e cobrou o paro durante 4 meses, poderá percibir esta axuda durante 18 meses.

- Se o parado/a é menor de 45 anos e cobrou o paro durante máis de 4 meses, poderá percibir esta axuda durante 24 meses.

- Se o parado/A é maior de 45 anos e cobrou o paro durante 4 meses, poderá percibir esta axuda durante 24 meses.

- Se é maior de 45 anos e cobrou o paro durante máis de 4 meses, poderá percibir esta axuda durante 30 meses.

 

3) SUBSIDIO PARA PERSOAS MAIORES DE 45 ANOS: Como o seu nome indica, esta axuda está destinada a desempregados/as maiores de 45 anos e a diferenza da anterior, non é necesario ter cargas familiares para poder solicitala.

A duración é de 6 meses.

4) SUBSIDIO PARA PERSOAS MAIORES DE 52 ANOS: Esta axuda cotiza á Seguridade Social (é o único subsidio que si o fai). Os/as beneficiarios/as desta axuda cotizan polo 125% da base mínima actual.

Cóbrase de forma indefinida ata alcanzar a idade de xubilación e pasar a cobrar a pensión.

Para poder solicitala é necesario cotizar previamente 15 anos á Seguridade Social, deles nun réxime que cotice por prestación por desemprego, polo que se cotizaches toda a túa vida no Reta, non a vas poder solicitar.

5) RENDA ACTIVA DE INSERCIÓN: Esta axuda pódese solicitar tras esgotar as anteriores axudas e se tes menos de 52 anos, debido a que se non terían que solicitar o subsidio para maiores de 52 anos que é máis beneficioso.

A Renda Activa de Inserción pode cobrarse durante un máximo de 33 meses.

6) SUBSIDIO EXTRAORDINARIO POR DESEMPREGO: É a última axuda que se pode solicitar unha vez esgotaches todas as anteriores prestacións do SEPE e es menor de 52 anos ou ben non se cumpren os requisitos para solicitar esta.

A duración desta prestación é de 6 meses e só pódese solicitar unha vez na vida.

 

Se tes dúblidas o mellor é que concertes unha cita co SEPE. Agora podes pedila para calquera das súas oficinas dentro da túa provincia.

SOLICITA CITA PREVIA: https://sede.sepe.gob.es/portalSede/procedimientos-y-servicios/personas/proteccion-por-desempleo/cita-previa/cita-previa-solicitud.html