TARXETA MONEDEIRO 2024: REQUISITOS E QUEN PODE SOLICITALA

24. 05. 09

O ministerio de Dereitos Sociais pon en marcha un programa de "tarxetas moedeiro" destinada á compra de alimentos para familias vulnerables.

A xestión da TARXETA MONEDEIRO realizarase a través da CRUZ VERMELLA previa derivación dos SERVIZOS SOCIAIS.

Está operativa desde o mes de abril ao 31 de decembro de 2024.

As familias que se verán beneficiadas por estas axudas son aquelas que, en condicións de privación material severa, teñen un ou máis menores ao seu cargo.

O importe que recibirán nas súas tarxetas dependerá do número de membros que haxa na unidade familiar e será establecido en función destas condicións:

- Dous membros da unidade familiar (unha persoa adulta e unha persoa menor): 130 euros ao mes.

- Tres membros da unidade familiar: 160 euros ao mes.

- Catro membros da unidade familiar: 190 euros ao mes.

- Cinco ou máis membros da unidade familiar: 220 euros ao mes.

Para acceder á tarxeta moedeiro do Goberno, as familias deben cobrar por baixo do 40% da renda media en España.

Toda a información: https://www.mdsocialesa2030.gob.es/comunicacion/noticias/derechos-sociales/20240123-programa-tarjeta-monedero.htm