PRESTACIÓN ECONÓMICA POR NACEMENTO E ADOPCIÓN DE FILLO/A DIRIXIDA A FAMILIAS MONOPARENTAIS, FAMILIAS NUMEROSAS E NOS CASOS DE NAIS E PAIS CUNHA DISCAPACIDADE IGUAL OU SUPERIOR AO 65%

24. 10. 23

Prestación económica por nacemento ou adopción de fillo/a, en supostos de familias numerosas, monoparentais e nos casos de nais ou pais con discapacidade.

É unha prestación económica de pago único (1.000 EUROS) a tanto alzado que ten por obxecto compensar, en parte, o aumento de gastos que produce o nacemento ou adopción de fillo/a en familias numerosas, monoparentais ou cando a nai padeza unha discapacidade igual ou superior ao 65 por cento no momento do parto.

Causante do dereito: O/as fillos/as nados/as ou adoptados/as a partir de 16-11-2007, nunha familia numerosa, monoparental ou cando a nai se  atópe discapacitada en grao igual ou superior ao 65 por cento, sempre que o nacemento se producise en territorio español ou que a adopción se teña constituído ou recoñecido por autoridade española competente.

Abónase nun pago único de 1.000 euros cando non se superen os límites de ingresos establecidos; se se superan, pero son inferiores ao importe que resulte de sumar ao devandito límite o importe da prestación, a contía para abonar será igual á diferenza entre os ingresos percibidos e o indicado importe conxunto. Comproba aquí os límites das contías

PERSOAS BENEFICIARIAS:

Os proxenitores ou adoptantes polo nacemento ou adopción dun fillo/a en supostos de familias numerosas, monoparentais e nos casos de nais ou pais con discapacidade igual ou superior ao 65 por cento, que cumpran os requisitos establecidos.

Se existe convivencia dos proxenitores ou adoptantes, será beneficiario calquera deles de común acordo; a falta de acordo, o será a nai.

Se non existe convivencia, será beneficiario o que teña ao seu cargo a garda e custodia dos fillos.

Cando os nenos queden orfos de ambos os proxenitores ou adoptantes ou estean abandonados, será beneficiaria a persoa que legalmente se faga cargo deles.

REQUISITOS:

Residir legalmente en territorio español.

Non percibir ingresos anuais, de calquera natureza, superiores aos límites establecidos.

Non ter dereito a prestacións desta mesma natureza en calquera outro réxime público de protección social.

IMPORTANTE!!! O dereito ao recoñecemento prescribe aos 5 anos, contados desde o día seguinte ao nacemento ou adopción do fillo/a, é dicir, se non pasou este tempo, podes solicitala aínda. 

 

ONDE TRAMITALA:

A solicitude e documentación esixida poderá presentarse, no caso de dispoñer de certificado dixital ou cl@ve permanente a través da Sede electrónica da Seguridade Social: https://sede.seg-social.gob.es/wps/portal/sede/sede/Ciudadanos/Familia/202041?_ga=2.121086280.1560589945.1668517414-1746284123.1646217403

. Se non dispón de ningún sistema de identificación electrónica poderá realizar o trámite a través da plataforma Solicitude e Trámites de Prestacións da Seguridade Social: https://prestaciones.seg-social.es/

ou por correo ordinario: Accede ao formulario de solicitude: https://www.seg-social.es/wps/wcm/connect/wss/2b2eff30-84bf-4b8f-bd12-57ff537155e8/N-1_Castellano+julio+2023.pdf?MOD=AJPERES

ou nun Centro de Atención e Información da Seguridade Social (CAISS), podes solicitar cita co INSS aquí: https://w6.seg-social.es/ProsaInternetAnonimo/OnlineAccess?ARQ.SPM.ACTION=LOGIN&ARQ.SPM.APPTYPE=SERVICE&ARQ.IDAPP=CPMSWACS&ORGANISMO=I

Toda a INFORMACIÓN: https://www.seg-social.es/wps/portal/wss/internet/InformacionUtil/44539/44999/265