DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CONVOCA O PRGRAMA CULTUREA

24. 12. 17

Estas bases teñen por obxecto aprobar a convocatoria 2025 do Programa “Culturea” de apoio á promoción cultural de agrupacións ou asociacións da provincia de Pontevedra, así como regular os criterios de concesión das solicitudes de actuación de grupos con cargo ao programa que se desenvolverán na provincia de Pontevedra.

Poderán ser persoas beneficiarias das actuacións, con cargo a esta convocatoria, as agrupacións ou asociacións sen fins de lucro legalmente constituídas e inscritas no rexistro administrativo correspondente ou as entidades locais menores, da provincia de Pontevedra.

A través deste programa as entidades beneficiarias poderán solicitar a autorización de actuacións de grupos do Catálogo previsto na base quinta, nas súas actividades culturais realizadas na provincia de Pontevedra durante o ano 2025 que deberán ir dirixidas ao público en xeral e ser de entrada libre.

As entidades interesadas, como organizadoras dos actos, deberán declarar responsablemente na súa solicitude que contan coa dispoñibilidade do grupo solicitado para a realización da actuación na data solicitada, así como que coñecen as condicións e obrigas do programa.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado, dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra, https://sede.depo.gal.

O prazo de presentación de solicitudes de actuacións comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e na Base de Datos Nacional de Subvencións.

As solicitudes deberán presentarse cunha antelación mínima de 15 días naturais con respecto á data de realización da actuación. Non se atenderán as solicitudes realizadas cunha antelación menor ao devandito prazo.

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2024/12/17/2024082122