O complemento de Axuda para a Infancia forma parte do Ingreso Mínimo Vital (IMV), aínda que se pode conceder de forma independente, é dicir, poden acceder a él, familias que, por renda, non poidan optar ao IMV, se cumpren determinadas condicións.
Importe
O seu importe establécese en función do número de menores de idade membros da unidade de convivencia, e en función da idade que teñan o día 1 de xaneiro de cada ano, conforme os seguintes tramos (importes actualizados para 2025):
• Menores de tres anos: 115 euros.
• Maiores de tres anos e menores de seis anos: 80,50 euros.
• Maiores de seis anos e menores de 18 anos: 57,50 euros.
Requisitos
Teñen dereito ao recoñecemento deste complemento as unidades de convivencia que inclúan menores de idade entre os seus membros, cumpran todos os requisitos necesarios para a concesión do Ingreso Mínimo Vital, así como os establecidos respecto dos límites máximos sobre ingresos computables, patrimonio neto e test de activos para o complemento de Axuda para a Infancia:
• Ingresos inferiores ao 300% dos limiares establecidos na escala de incrementos para o cálculo da renda garantida segundo o tipo de unidade de convivencia:
• Que o patrimonio neto sexa inferior ao 150% dos límites fixados na escala de incrementos para o cálculo do límite de patrimonio aplicable segundo o tipo de unidade de convivencia:
• Cumprir o test de activos cuxo límite para un adulto será de 6 veces a renda garantida, cunha escala de incrementos igual á do límite de rendas segundo o tipo de unidade de convivencia:
Incompatibilidades
As prestacións ou axudas incompatibles co Ingreso Mínimo Vital o serán tamén do complemento de axuda para a infancia, aínda que se perciba de forma independente.
O complemento de axuda para a infancia tamén será incompatible coa asignación económica por fillo/a ou menor a cargo sen discapacidade ou con discapacidade inferior ao 33%.