COÑECE O ALCANCE DA REFORMA IMPULSADA POLO GOBERNO PARA FAVORECER A IGULDADE NO ACCESO Á CARREIRA XUDICIAL

25. 01. 22
O anteproxecto busca igualdade no acceso xudicial con bolsas, centros de formación e cambios nos exames.
 
O Consello de Ministros deu luz verde a un anteproxecto de lei que introduce importantes cambios na Lei Orgánica do Poder Xudicial (LOPJ) e o Estatuto Orgánico do Ministerio Fiscal. Esta reforma ten como principal obxectivo modernizar e fortalecer as carreiras xudicial e fiscal, con especial atención na igualdade de oportunidades para os aspirantes.
 
Cinco prioridades do proxecto:
 
- Promover a igualdade de oportunidades no acceso á xudicatura e fiscalía.
- Buscar a excelencia e adaptar o sistema de acceso ao século XXI.
- Incrementar o número de integrantes nas carreiras xudicial e fiscal.
- Fomentar a promoción profesional plena de xuíces e maxistrados.
- Reforzar a transparencia nas estruturas xudiciais.
 
 
Bolsas públicas para opositores/as
 
Creación dun sistema público de bolsas destinado aos aspirantes a xuíz, fiscal, avogado/a do Estado e letrado da Administración de Xustiza.
Estas bolsas terán un importe equivalente ao Salario Mínimo Interprofesional (SMI) e outorgaranse durante catro anos.
O obxectivo é garantir que a situación económica familiar non sexa un impedimento para acceder a estas profesións.
 
Centros públicos de formación
 
O actual Centro de Estudos Xurídicos transformarase nun centro público de oposicións.
Ademais, crearanse delegacións en distintas provincias para facilitar o acceso aos aspirantes de todo o país.
Os/as opositores/as poderán recibir formación e realizar simulacros dos exames.
 
Cambios nos exames
 
Modificación das probas de acceso. A oposición incluirá un exame escrito, ademais das probas orais e tipo test actuais. Isto busca avaliar habilidades de redacción e razoamento xurídico, aspectos esenciais no exercicio profesional.

Novo enfoque na «cuarta quenda»
 
A chamado «cuarta quenda», que permite a xuristas con máis de 10 anos de experiencia acceder á carreira xudicial mediante avaliación de méritos e proba, tamén sufrirá modificacións. Agora, os méritos só avaliaranse se se supera previamente a proba escrita, que será anónima para garantir a igualdade de oportunidades.
 
A reforma tamén introduce, por primeira vez, a «cuarta quenda» na carreira fiscal e establece procesos de estabilización para xuíces e fiscais substitutos, cumprindo así coas esixencias da Comisión Europea.
 
Impulso á carreira profesional
 
A reforma contempla melloras na promoción interna, como o ascenso automático por antigüidade e a especialización en áreas crave como violencia de xénero e dereito mercantil.
 
Tamén elimina incompatibilidades para xuíces e fiscais substitutos cando non estean a exercer.