on 07 Febreiro 2023

Dende COGAMI organizan un curso de ACOMPAÑANTE DE TRANSPORTE con prácticas en empresa.

Vai dirixido a PERSOAS CON DISCAPACIDADE ou INCAPACIDADE LABORAL.

Datas:

Formación teórica: 20-24 de febreiro en horario de 9.00 a 14.00 horas

Formación práctica: 28 febreiro- 27 abril (en diferentes empresas)

Lugar: Casa da Xuventude de Silleda

As persoas interesadas en participar poden chamar ó 986 863 709.

on 03 Febreiro 2023

Ciberseguridade, copias de seguridade

Cando: Luns 06 de febreiro de 10:00 a 11:00 horas

INSCRÍBETE

 

Reorientación de negocios freelance que se atopen estancados

Cando: Martes 07 de febreiro de 17:00 a 19:00 horas

INSCRÍBETE

 

Aprende a promocionar a túa empresa con Pinterest

Cando: Mércores 08 de febreiro de 12:00 a 13:00 horas

INSCRÍBETE

 

Optimiza a túa canle de YouTube

Cando: Mércores 08 de febreiro de 17:00 a 18:30 horas

 

Horizon Workrooms – Obradoiro desde o Metaverso

Cando: Xoves 09 de febreiro de 11:00 a 12:00 horas

INSCRÍBETE

Tamén podes inscribirte chamando por teléfono ao 886 202 020 ou enviando un correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

on 02 Febreiro 2023

Requisitos:

- Persoas desemrpegadas

- Imprescindible estar en posesión do título de ESO ou equivalente

- Curso gratuíto con POSIBILIDADE DE BOLSA

- Inscricións ata o 17 de febreiro chamando ao teléfono: 981 865 716 ou no enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 

on 25 Xaneiro 2023

A Fundación Laboral de la Construcción oferta 1.490 prazas de formación en Galicia para mellorar a cualificación profesional do sector
A entidade paritaria impartirá nos seus seis Centros de Galicia 45 accións formativas, de carácter non formal, financiadas pola Unión Europea-Next GenerationEU, e promovidas pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España

Consulta todas as formacións aquí:https://www.cursosenconstruccion.com/cursos-subvencionados/galicia

Información completa: https://galicia.fundacionlaboral.org/actualidad/noticias/fundacion/a-fundacion-laboral-de-la-construccion-oferta-1490-prazas-de-formacion-en-galicia-para-mellorar-a-cualificacion-profesional-do-sector?fbclid=IwAR1GsHormYpf1tRp7i8c5Sm7SvE23Qfd7Q1-WFcg96_XyxGraveIK6b3fsU

Formulario de inscrición: https://galicia.fundacionlaboral.org/formulario/cursos-subvencionados-fundacion-laboral-de-la-construccion-galicia-2023

 

on 25 Xaneiro 2023

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convocan para o ano 2023 as probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada (códigos de procedemento IF312A e IF312B).

No ano 2023, as persoas interesadas dispoñerán de ata tres chamamentos para a realización do correspondente exame, no primeiro, segundo e terceiro cuadrimestre do ano, respectivamente. Os exercicios terán lugar nos períodos abarcados entre:

– Primeiro período: entre o 14 de febreiro e o 30 de abril de 2023, para aqueles aspirantes que soliciten realizar o exame nas datas comprendidas entre o día da apertura do prazo para presentar a solicitude, que será a partir do seguinte ao de publicación desta resolución, e o 13 de febreiro de 2023.

– Segundo período: entre o 2 de maio e o 31 de agosto de 2023, para aquelas persoas aspirantes que soliciten realizar o exame nas datas comprendidas entre o día 14 de febreiro e o de 1 de maio de 2023.

– Terceiro período: entre o 2 de setembro e o 31 de decembro de 2023, para aquelas persoas aspirantes que soliciten realizar o exame nas datas comprendidas entre o día 2 de maio e o 1 de setembro de 2023.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230125/AnuncioG0533-130123-0001_gl.pdf

on 20 Xaneiro 2023

Ciberseguridade, como facer un contrasinal segura

Cando: Luns 23 de xaneiro de 10:00 a 11:00 horas

INSCRÍBETE

 

Growth Márketing: estratexias para un crecemento sostible do teu negocio

Cando: Martes 24 de xaneiro de 12:00 a 13:00 horas

INSCRÍBETE

 

Comercializa os teus servizos a través das redes sociais

Cando: Martes 24 de xaneiro de 17:00 a 18:00 horas

INSCRÍBETE

Crea o teu Plan de Empresa

Cando: Mércores 25 de xaneiro de 12:00 a 13:00 horas

INSCRÍBETE

 

As formacións son totalmente GRATUÍTAS

Se queres recibir máis información tamén te podes poñer en contacto por teléfono ao 886 202 020 ou enviando un correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.