on 22 Xuño 2022

Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2022 pola que se aproba a convocatoria ordinaria para a obtención da avaliación previa á contratación de profesorado polas universidades do Sistema universitario de Galicia e se abre o prazo para a presentación de solicitudes correspondentes á convocatoria de 2022 (código de procedemento ED702B).

Poderán presentar a súa solicitude todas aquelas persoas que posúan o título de doutor e non se atopen en ningún dos supostos regulados no artigo 4 da Orde da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, do 17 de setembro de 2009, pola que se regula a avaliación e informe do consorcio ACSUG previos á contratación de profesorado contratado doutor, de universidade privada e axudante doutor.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220622/AnuncioO601-100622-0001_gl.pdf

on 17 Xuño 2022
O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico ( MITECO) lanza a iniciativa GeneraciónClima co obxectivo de integrar a voz das persoas mozas no proceso internacional de loita contra o cambio climático.
 
Esta iniciativa pioneira seleccionará a dez novos universitarios, que deberán presentar un proxecto de adaptación ao cambio climático ligado aos retos do próximo cume do clima ( COP27), que se celebrará en Sharm o- Sheikh (Exipto) do 7 ao 18 do próximo mes de novembro.
 
Este cume establece entre as súas prioridades incrementar e acelerar os esforzos de adaptación e, en particular, avanzar nos elementos do programa de traballo do Obxectivo Global de Adaptación e os temas asociados a perdas e danos. O prazo de presentación comezou o 12 de maio e concluirá o 12 de setembro.
 
on 17 Xuño 2022

FABRICACIÓN DIXITAL. Laminador resina preparación de impresións

Cando: Martes 21 de xuño de 11:00 a 13:00 horas

INSCRÍBETE

Promociona o teu negocio con Google My Business

Cando: Mércores 22 de xuño de 12:00 a 13:00 horas

INSCRÍBETE

Como crear campañas de email que capten máis reservas ao teu aloxamento

Cando: Mércores 22 de xuño de 17:00 a 18:00 horas

INSCRÍBETE

Como usar LinkedIn para empresas e profesionais

Cando: Xoves 23 de xuño de 12:00 a 13:00 horas

INSCRÍBETE

on 14 Xuño 2022
Galicia reforza o seu compromiso coa FP DUAL no próximo curso cun 20% máis de ciclos e un 25% máis de prazas.
 
Ofertando 37.588 prazas en primeiro curso en centros con fondos públicos, o que supón 1.700 máis que o ano pasado, e un 52% máis que hai exactamente unha década.
 
Desas prazas, 26.400 son para os ciclos comúns, cunha vintena de incorporacións; 4.400 no réxime de persoas adultas e cinco ciclos máis; 4.300 na FP a distancia, tamén con once ciclos a maiores e un 18% de aumento; 680 prazas en másteres de FP e nove másteres que se estrean; e un total de 1.800 prazas en FP Dual, onde se ofrecerán 119 proxectos a través de 56 titulacións diferentes.
 
on 14 Xuño 2022

Esta formación está 100% subvencionada pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Traballo e Economía Social, polo que non representa custo algún para as persoas participantes, nin para as empresas, xa que non se restan créditos de formación.

Os cursos en liña que aínda contan con prazas dispoñibles, son os seguintes:

  • Inglés. Restauración (120 horas)
  • Estratexias de servizos. Calidade e orientación ao cliente (110 horas)
  • Comercio na internet. Optimización de recursos (100 horas).

Os cursos terán os seus últimos inicios en xuño e a inscrición manterase aberta ata esgotarse as prazas. As persoas interesadas na formación poden solicitar praza desde a páxina: https://www.cursosfemxa.es/FormacionGalicia

Máis información: .​986 493 464 Ext. 4026