Webinar sobre os requisitos das entidades colaboradoras do programa Re-acciona Covid-19!!!
O IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica) ten aberto o proceso de selección das entidades colaboradoras que xestionarán o Re-acciona covid-19, o programa que ofrecerá servizos de asesoramento especializado ás empresas galegas para que poidan adaptarse ao novo contexto económico.
Para coñecer os requisitos que deben cumprir as entidades colaboradoras, o Igape celebra unha xornada informativa o vindeiro venres, 11 de xuño, ás 13 horas.
Podes atopar os detalles deste procedemento de selección das entidades colaboradoras do programa Re-acciona covid-19:
DOG:https://lnkd.in/dwZAYwH
IGAPE: https://lnkd.in/dq5yrwY
Anímate e inscríbete na seguinte ligazón: https://lnkd.in/dVcrZqj
Máis información do webinar: https://lnkd.in/d4aWMyb
Buscas emprego?
Descobre que pode ofrecerche a formación e onde atopar cursos gratuítos en JOBarcelona proximamente.
Tes unha cita o 15 xuño 11:00
Cursos gratuítos para empezar a traballar
Inscríbete: https://www.jobarcelona.com/
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE
ORDE do 28 de maio de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria dos premios de excelencia académica ao alumnado de grao universitario oficial que obtivese as mellores cualificacións no curso 2019/20 nas universidades do Sistema universitario de Galicia.
Os premios destínanse ao alumnado universitario de grao oficial que obtivese as mellores cualificacións no curso 2019/20 nas universidades do Sistema universitario de Galicia.
Concederase un premio por cada un dos cursos nos que se estruturan os plans de estudos das titulacións oficiais de grao e en cada un dos centros nos que se imparta ao alumnado que finalizase no curso académico 2019/20, os estudos correspondentes a un dos cursos, agás o derradeiro da titulación.
Para o alumnado dos programas de simultaneidade de graos estenderase o premio ata o penúltimo curso anual dos ditos programas.
No ámbito de aplicación desta convocatoria están incluídos:
a) Os graos oficiais impartidos nas universidades do Sistema universitario de Galicia.
b) Os programas de simultaneidade de graos impartidos nas universidades do Sistema universitario de Galicia.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210608/AnuncioG0598-280521-0005_gl.pdf
O novo Mecanismo de Recuperación e Resiliencia asignará a España 70.000 M€
Se es unha entidade privada galega e queres saber como se van executar estos fondos, apúntate á próxima edición do curso TecEuropa
INFORMACIÓN COMPLETA: https://mailchi.mp/fundaciongaliciaeuropa/9mjt03xdo5
INSCRÍBETE: https://mailchi.mp/fundaciongaliciaeuropa/9mjt03xdo5#FORMULARIO
Mellora a túa productividade con Trello e otras aplicacións II
Cando: Martes 8 de xuño de 12:00 a 13:00 horas
Iniciación ao SEO II: Optimiza a túa páxina web para gañar visibilidade
Cando: Mércores 9 de xuño de 18:00 a 19:00 horas
Debuxo con Onshape, PartStudio IV
Cando: Xoves 10 de xuño de 12:00 a 13:30 horas