AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA
RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 2025 pola que se anuncia a convocatoria das probas de avaliación de carácter libre para a obtención do certificado de competencias dixitais (ComDix) no seu nivel Iniciación.
Datas e realización das probas
1. As probas desenvolveranse os días 29, 30 e 31 de outubro de 2025.
2. Terán lugar segundo o calendario que figura no anexo II, onde se relacionan os lugares con aulas CeMIT dispoñibles, as prazas convocadas por cada localidade, as datas e os horarios de realización.
Solicitudes de participación e prazo de inscrición
1. As persoas que desexen participar nas probas de certificación deberán ser maiores de 16 anos e inscribirse na páxina web da rede CeMIT https://cemit.xunta.gal antes da finalización do prazo de inscrición.
2. Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario/a da Rede CeMIT no enderezo electrónico https://aulascemit.xunta.es/usuarios, para o que é imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico.
3. Os datos persoais cos que a persoa se inscriba na páxina web da Rede CeMIT serán os que se tomen de referencia durante todo o proceso de selección para a participación nas probas e a posterior emisión das certificacións. A Amtega non se fai responsable da emisión de certificacións con datos incorrectos por erros na inscrición ás probas.
4. O prazo para a inscrición será de catorce (14) días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250910/AnuncioG0177-020925-0001_gl.pdf
AGADEA imparte actividade formativa “XESTIÓN DE CHAMADAS DE TELEASISTENCIA”
Interesados: https://forms.gle/
Accede á páxina de Emprego Galicia para comprobar a OFERTA FORMATIVA, de CURSOS HOMOLOGADOS e dirixidos á preparación nos sectores da máis alta empregabilidade do momento.
Nesta LIGAZÓN TES TODOS OS QUE SE VAN IMPARTIR NA ESTRADA: https://diplos.xunta.gal/diplos/cursos?searchText=a+estrada
Tes a listaxe completa de formacións, coa indicación da entidade que a vai impartir e o medio de contacto. Se che interesa algunha, ponte en contacto a través da canle que se che indica.
Se queres facer a FORMACIÓN NOUTRA LOCALIDADE, só tes que poñer no buscador a LOCALIDADE QUE CHE INTERESA.
*As formacións diríxense PRIORITARIAMENTE A PERSOAS EN SITUACIÓN DE DESEMPREGO REAL, é dicir, que consten como demandantes de emprego en Emprego Galicia,
Perfil do alumnado: Persoas desempregadas rexistradas como demandantes non Servizo Público de Emprego de Galicia.
Requisitos mínimos de acceso:
E.S.O ou equivalente
Presentación de solicitudes ata 10/09/2025
DATA INICIO: 12/09/2025
DATA FIN: 23/12/2025
HORARIO: 08:30-14:30
HORAS: 450
ENDERZO: Vía Edison, 1C. Polg do Tambre -Santiago de Compostela
TOTALMENTE GRATUÍTO
INSCRICIÓNS:
Mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
TELÉFONO: 669 925 419
Se tes de 45 a 60 anos (inclusive) e buscas emprego acompañámoste no proceso.
Desde a Cámara de Comercio analizaran as túas necesidades e intereses para participar no Programa Talento 45+.
O programa Talento +45 das Cámaras de Comercio consiste nun itinerario formativo á túa medida.
A súa finalidade é mellorar as competencias dixitais/profesionais, co obxectivo de favorecer as túas posibilidades de inserción laboral.
Programa Operativo de Emprego, Formación e Educación 2014-2020 (POEFE).
REQUISITOS:
Residir na provincia de Pontevedra, concellos da demarcación da Cámara de Comercio PVV
Estar en situación de desemprego
Ter máis de 45 anos e ata 60
Dispoñibilidade para formación presencial de entre 120 e 150 horas (5 horas diarias)