on 19 Agosto 2025
Curso de Auxiliar de Produtos Frescos  que se celebrará na cidade de Pontevedra en colaboración con supermercados FROIZ  a partir de mediados de setembro deste ano. 
    
Esta formación está especialmente deseñada para persoas con discapacidade ou incapacidade laboral interesadas en traballar no sector da alimentación.
 
Formación especializada para traballar en: 
  • 🥩 Carnicería 
  • 🧀 Charcutería 
  • 🐟 Peixaría
  • 🍎 Froitería 
📚 Que aprenderás? 
Durante a formación adquirirás competencias prácticas e teóricas para: 
  • 👥 Despachar ao público con profesionalidade 
  • 🧼 Montar e manter os mostradores 
  • 📦 Realizar pedidos e xestión de stock 
  • 💡 Implantar ofertas e promocións 
  • 🧪 Aplicar os controis de seguridade e hixiene alimentaria 
🗓️ Datas e duración: 
  • 📅 Inicio: Mediados de setembro 
  • 📅 Fin: Finais de outubro 
  • ⏳ 60 horas de formación teórico-práctica 
  • 🏢 100 horas de prácticas nunha empresa recoñecida do sector da alimentación 
🕘 Horario: 
  • 🕗 Combinado de mañá e tarde 
  • 📍 Localización: Cidade de Pontevedra 
🎯 Dirixido a persoas con discapacidade ou incapacidade laboral que queiran traballar no sector da alimentación
 
Coche Curso gratuito e con axudas ó desprazamento
 
on 18 Agosto 2025

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2025 pola que se convoca o curso de prevención de riscos laborais en actividades de tempo libre, nivel básico, para persoal empregado público, traballador/a por conta allea ou autónomo/a, empresario/a e persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

O prazo de presentación de solicitudes será do 25 de agosto ao 5 de setembro de 2025.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/ matricula> desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250818/AnuncioO150-310725-0002_gl.pdf

on 04 Agosto 2025

AGADEA imparte actividade formativa "ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS"

 

 https://forms.gle/S11ZruCseXHTx1qn8

on 22 Xullo 2025

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E DEPORTES

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2025, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convoca a realización das probas dirixidas á obtención e á renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril (códigos de procedemento IF310A, IF310B e IF310C).

Rexeranse polas bases contidas neste anexo:

a) As probas para obter o certificado de capacitación profesional de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas, tanto na modalidade de estrada como na de ferrocarril (código de procedemento IF310A).

b) As probas para renovar o certificado de capacitación profesional de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas, tanto na modalidade de estrada como na de ferrocarril (código de procedemento IF310B).

c) A devolución das taxas de dereitos de exame das probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas, tanto na modalidade de estrada como na de ferrocarril (código de procedemento IF310C).

As probas indicadas no punto anterior abranguerán as seguintes especialidades:

a) Todas as clases.

b) Clase 1 (materias e obxectos explosivos).

c) Clase 2 (gases).

d) Clase 7 (materias radioactivas).

e) Clases 3, 4.1, 4.2, 4.3, 5.1, 5.2, 6.1, 6.2, 8 e 9 (materias sólidas e líquidas contidas na enumeración de cada unha das clases do Acordo europeo para o transporte internacional de mercadorías perigosas por estrada (ADR) e no Regulamento relativo ao transporte internacional por ferrocarril de mercadorías perigosas (RID).

f) Materias líquidas inflamables cos números de identificación da Organización de Nacións Unidas 1202 (gasóleo), 1203 (gasolina) e 1223 (queroseno).

O prazo de presentación de solicitudes para participar nas probas será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250722/AnuncioG0759-110725-0001_gl.pdf

 

on 21 Xullo 2025
  • Código do módulo:  MF1016_2Apoio na organización de intervencións no ámbito institucional (100 h.).
  • Unidades formativas:
      • UF0127: Apoio na recepción e acollida en institucións de persoas dependentes (30 h.)
      • UF0128: Apoio na organización de actividades apra persoas dependentes en institucións (70 h.)

Para acceder á formación, o alumnado debe cumprir os requisitos de acceso a formación dos certificados profesionais de nivel 2 

FORMACIÓN GRATUÍTA PARA PERSOAS EN SITUACIÓN DE DESEMPREGO

DATA DE COMEZO: 8 de setembro ata o 3 de Outubro, en horario de 15:30 a 20:30 horas.

IMPARTE: COESCO

Persoas interesadas reservar a súa praza chamando ao teléfono 679 616 449

on 07 Xullo 2025

CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2025, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se convoca e se acorda a apertura do prazo de presentación de solicitudes para formar parte da bolsa de persoas formadoras colaboradoras para impartiren obradoiros fóra de Galicia, establecida na Resolución do 14 de decembro de 2023 pola que se regula o procedemento para a elaboración dunha bolsa de persoas formadoras colaboradoras para impartiren obradoiros fóra de Galicia (código de procedemento PR933A).

Habilitar un prazo de 15 días hábiles contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para a presentación de candidaturas nunha ou varias actividades das relacionadas a continuación:

a) Artesanía e folclore tradicional galego: baile, gaita, percusión, pandeireta, canto, outros instrumentos novos do folclore galego (frauta, requintas...), confección de traxes tradicionais e encaixe.

b) Cociña galega

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado que figura como anexo I desta resolución, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250707/AnuncioG0767-260625-0001_gl.pdf