AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA
RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2026 pola que se convocan cursos titorizados en liña con aproveitamento activo e avaliación continua, para a obtención da certificación galega en competencias dixitais (ComDix), no seu nivel de iniciación.
Convocar os dous (2) plans de actividades formativas que se relacionan no anexo I desta convocatoria cos 7 cursos que compoñen o itinerario ComDix-Iniciación, que terán lugar na modalidade de teleformación titorizada en liña, con aproveitamento activo e avaliación continua.
As actividades formativas dos plans presentados nesta edición forman parte do itinerario ComDix-Iniciación e teñen validez para a obtención da certificación ComDix-Iniciación, unha vez completado o itinerario de 250 horas que conforma a dita certificación.
Poderán participar nestas actividades formativas as persoas maiores de 16 anos ou que os cumpran antes do remate do prazo de inscrición.
O prazo para a inscrición no Plan formativo A ou B será de dez (10) días naturais a partir do seguinte as da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260218/AnuncioG0177-050226-0001_gl.pdf
ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA
RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2026 pola que se convocan seis edicións do curso formación específica de socorrismo en instalacións e espazos acuáticos naturais destinado ás persoas interesadas no desenvolvemento do exercicio profesional de socorrismo na Comunidade Autónoma de Galicia.
Destinatarios/as
Persoas interesadas no desenvolvemento do exercicio profesional de socorrismo na Comunidade Autónoma de Galicia.
O prazo de inscrición será ata o 2 de marzo de 2026 a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260219/AnuncioO3C2-090226-0001_gl.pdf
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL
RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2026, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED534A).
REQUISITOS:
a) Ser maior de vinte anos ou facer esa idade no ano 2026.
b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para os efectos académicos.
c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2025/26.
A proba realizarase en Santiago de Compostela os días 23 e 24 de abril de 2026 no IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260210/AnuncioG0761-300126-0001_gl.pdf
MICROCREDENCIAL UNIVERSITARIA EN DEREITOS LABORAIS E SAÚDE: CARA A UN BENESTAR 360°
Trátase dun título universitario oficial que conta con acreditación na Unión Europea a través de Europass.
O seu principal obxectivo é impulsar a aprendizaxe permanente e facilitar a adaptación da cidadanía ás demandas actuais do mercado laboral.
En particular, o que se ofrece é unha formación especializada sobre os dereitos das persoas traballadoras, con especial atención ás novidades lexislativas e a súa relación coa saúde laboral.
Será impartida por profesionais de recoñecido prestixio e terá un enfoque teórico-práctico.
Datos principais do programa:
CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E DEPORTES
RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2025, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convocan as probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor/a profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros/as por estrada que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2026, en desenvolvemento do Real decreto 284/2021, do 20 de abril, polo que se regula a cualificación inicial e a formación continua dos condutores de determinados vehículos destinados ao transporte por estrada e polo que se modifica o Regulamento da Lei de ordenación dos transportes terrestres, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro (códigos de procedemento IF310D e IF310E).
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20251119/AnuncioG0759-061125-0001_gl.pdf
CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E DEPORTES
RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convocan para o ano 2026 as probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada (códigos de procedemento administrativo IF312A e IF312B)
No ano 2026, as persoas interesadas dispoñerán de ata catro chamamentos para a realización do correspondente exame. Os exercicios terán lugar nos períodos comprendidos entre:
– Primeiro período: entre o 23 de febreiro e o 31 de marzo de 2026, para aqueles aspirantes que soliciten realizar o exame nas datas comprendidas entre o día da apertura do prazo para presentar a solicitude, que será a partir do seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, e o 21 de xaneiro de 2026.
– Segundo período: entre o 18 de maio e o 30 de xuño de 2026, para aquelas persoas aspirantes que soliciten realizar o exame nas datas comprendidas entre o 22 de xaneiro e o de 15 de abril de 2026.
– Terceiro período: entre o 31 de agosto e o 30 de setembro de 2026, para aquelas persoas aspirantes que soliciten realizar o exame nas datas comprendidas entre o día 16 de abril e o 13 de xullo de 2026.
– Cuarto período: entre o 10 de novembro e o 18 de decembro de 2026, para aquelas persoas aspirantes que soliciten realizar o exame nas datas comprendidas entre o día 14 de xullo e o 9 de outubro de 2026.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20251113/AnuncioG0759-051125-0001_gl.pdf