Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2022, da Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación, pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder á formación dos certificados de profesionalidade de niveis 2 e 3 de cualificación (código de procedemento TR306A).
Convócanse probas nos niveis de cualificación profesional 2 e 3 nas seguintes competencias clave:
– Comunicación en lingua galega.
– Comunicación en lingua castelá.
– Comunicación en lingua estranxeira (inglés).
– Competencia matemática.
Requisitos de participación
1. Poderanse presentar ás probas para a obtención do certificado de superación das competencias clave necesarias para o acceso á formación dos módulos formativos dos certificados de profesionalidade tanto do nivel 2 como do nivel 3 as persoas que cumpran os dous seguintes requisitos:
a) Maiores de 16 anos ou que os teñan feitos en 31 de decembro do ano natural en que se realizan as probas.
b) Non estar en posesión de ningún dos requisitos de acceso á formación dos certificados de profesionalidade establecidos no artigo 2 da Orde do 7 de xaneiro de 2014, pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional e se regulan as probas de avaliación en competencias clave dentro das accións formativas de formación profesional para o emprego na Comunidade Autónoma de Galicia (Diario Oficial de Galicia núm. 9, do 15 de xaneiro).
2. No anexo III desta resolución infórmase das titulacións, certificacións ou acreditacións oficiais que reúnen os requisitos formativos de acceso aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional a que se refire o punto anterior.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230110/AnuncioG0656-241122-0001_gl.pdf
Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
ORDE do 5 de decembro de 2022 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2023 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).
As probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio teñen por finalidade permitir ás persoas que non posúan o título de graduado en educación secundaria obrigatoria nin un título profesional básico, nin outros estudos equivalentes para os efectos de acceso, continuar a súa formación accedendo aos ciclos formativos de formación profesional de grao medio, nunhas condicións suficientes para cursaren con aproveitamento estas ensinanzas.
As probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior teñen por finalidade permitir ás persoas que non posúan o título de bacharelato nin un título de técnico de formación profesional, nin outros estudos equivalentes para os efectos de acceso, a posibilidade de continuaren formándose en ciclos de formación profesional de grao superior, coa madureza e a idoneidade suficientes para cursaren con aproveitamento estas ensinanzas.
Validez das probas de acceso
1. De acordo co artigo 42 do Decreto 114/2010:
a) As probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior terán validez en todo o territorio do Estado. O acceso a cada ciclo formativo de grao superior quedará determinado de acordo coa partes específica da proba superada.
b) Quen realice a proba na Comunidade Autónoma de Galicia e non a supere na súa totalidade poderá manter a cualificación obtida nas partes superadas cunha puntuación igual ou superior a cinco en futuras convocatorias de probas de acceso a ciclos formativos en Galicia, durante os dous anos seguintes. 2. As exencións concedidas ao abeiro da presente convocatoria manterán a súa validez nas futuras convocatorias de probas de acceso a ciclos formativos de formación profesional en Galicia, sempre que se manteña a estrutura da proba.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230105/AnuncioG0655-091222-0001_gl.pdf
Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, pola que se convocan as probas de aptitude para a obtención do título de xestor administrativo.
As solicitudes deberán presentarse no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221228/AnuncioV0654-221222-3_gl.pdf
Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, pola que se convocan as probas de aptitude para a obtención do título de xestor administrativo.
As solicitudes deberán presentarse no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221228/AnuncioV0654-221222-3_gl.pdf
Dirixido exclusivamente a mulleres desempregadas para mellorar a ocupabilidade e a inserción laboral.
As 100 participantes recibirán información, orientación,asesoramento e formación:
ACCIÓNS FORMATIVAS
Técnica en sistemas de enerxías renovables
Atención ao cliente/a na hostalería, Servizos básicos de sala e barra
Manipuladora de alimentos
Creación e deseño de páxinas web, Iniciación á programación con PYTHOM
Wordpress, Comunicación e marketing dixital Comercio-produtos frescos: carnizaría e chacinaría
Formación de formadores/as, Avaliación de competencias, Programación porcompetencias
Inglés B1, B2
Creación de contidos dixitais, Mobile learning, Gamificación: aprendizaxe divertida Igualdade e empoderamento feminino no ámbito laboral
Técnicas de coaching, mentoring, Intelixencia emocional (teleformación)
Habilidades sociais (teleformación), TIC´s na busca de emprego
Fomento do emprendemento
Prácticas non laborais en empresas de Santiago
Titorías personalizadas para definir a túa formación: podes facer os cursos quemáis te interesan, desde 30 horas de duración
As accións formativas se desenvolverán ao longo do ano 2023 en horariosflexibles, en Santiago
Axuda de 7€ por día de asistencia
Persoas interesadas inscriberse na web: https://bit.ly/3vfBAaE
Información: 981 543 060 de 09:00 a 14:00h de luns a venres,
E-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Edificio CERSIA, Rúa Alcalde Raimundo López Pol s/n, San Lázaro, Santiago deCompostela.