on 07 Xuño 2021

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE
ORDE do 19 de maio de 2021 pola que se convocan os premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, de Danza, e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2020/21 (código de procedemento ED311F).

Poderanse conceder ata seis premios extraordinarios, coa seguinte distribución: tres (3) premios na modalidade de Música, un (1) na modalidade de Danza e dous (2) na modalidade de Artes Plásticas e Deseño. Non se poderá conceder máis dun premio por especialidade na modalidade de Música ou por familia profesional na modalidade de Artes Plásticas e Deseño.

A dotación para os premios será de 6.000 euros, con cargo á partida orzamentaria 10.30.423A.480.1 dos orzamentos do ano 2021, que se distribuirán entre os premiados na mesma contía, e que non poderá exceder os 1.000 euros por premio. Estas contías estarán suxeitas ás retencións que legalmente lles correspondan.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210607/AnuncioG0598-200521-0011_gl.pdf

on 03 Xuño 2021

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE

ORDE do 19 de maio de 2021 pola que se aproban as bases e se anuncia a convocatoria pública de prazas nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para o 2021 (código de procedemento PL500F).

 Destinos:

Universidade Autónoma de Barcelona (Universitat Autònoma de Barcelona)  Barcelona

Universidade de Kiel (Christian-Albrechts-Universität zu Kiel)                          Kiel

Alemaña

Universidade de Leipzig   (Universität Leipzig)                                                  Alemaña

University of Oxford (Reino Unido)                                                                    Reino Unido

Univ. del País Vasco/Euskal Herriko Univertsitatea (España)                           País Vasco

A contratación por parte das universidades das persoas seleccionadas abranguerá, como máximo, un período que non excederá os tres anos.

As persoas interesadas poderán solicitar, como máximo, 3 destinos que deberán relacionar no anexo I por orde de preferencia.

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210603/AnuncioG0598-200521-0002_gl.html

on 02 Xuño 2021

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2021 pola que se efectúa unha convocatoria para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, tras o seguimento dun curso de preparación na modalidade de teleformación.

Organización do curso
1. Número de prazas: 180.
2. Duración: 12 semanas (190 horas lectivas).
3. Modalidade: teleformación titorizada a través da plataforma EMA da rede CeMIT.
4. Datas de realización: do 01 de setembro ao 21 de novembro de 2021.

As persoas que desexen participar no curso convocado nesta resolución deberán inscribirse a través de internet na páxina web de CeMIT (https://cemit.xunta.gal).

Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario/a da rede CeMIT. Nesta alta previa é imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico.

O prazo para a inscrición será de cinco (5) días hábiles a partir do seguinte da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210602/AnuncioG0177-240521-0001_gl.pdf

on 01 Xuño 2021

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo
RESOLUCION do 24 de maio de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, pola que se convocan as probas de aptitude para a obtención do título de xestor administrativo.

Estar en posesión dalgún dos seguintes títulos académicos:
– Licenciatura en Dereito, en Ciencias Económicas, en Ciencias Empresariais ou en Ciencias Políticas, de conformidade co artigo 6.e) do Decreto 424/1963, do 1 de marzo, de aprobación do Estatuto orgánico de xestor administrativo.
– Licenciatura no ámbito das Ciencias Económicas e Empresariais, do Dereito e das Ciencias Políticas que as sucederon no extinto Catálogo de títulos universitarios oficiais de España.
– Máster universitario implantado ao abeiro do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, adscrito á rama de coñecemento das Ciencias Sociais e Xurídicas e vinculado ao campo disciplinar dalgunha das licenciaturas requiridas polo estatuto orgánico.
– Titulación universitaria oficial obtida noutros Estados que acredite o seu equivalencia ao nivel MECES 3 e a súa homologación respecto a algunha das titulacións anteriores.

As solicitudes deberán presentarse no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia,

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210601/AnuncioG0595-250521-0002_gl.pdf

on 31 Mai 2021

Formación: Lánzate a emprender en cooperativa

Gratuíto!

Datas: do 15 de xuño ao 14 de xullo de 2021.

Horario e modalidade: a través da plataforma de teleformación da Unión de Cooperativas Espazocoop. Celebraranse tres sesións virtuais de aprendizaxe os días 16 de xuño e 14 de xullo de 11:00 a 12:30 h e o 30 de xuño de 15:00 a 16:30 h.

Destinatarios/as:

Persoas que queren coñecer a oportunidade que o cooperativismo lles brinda como forma de acceder ao mercado de traballo a través do autemprego; persoas que buscan outra forma de traballar; alumnado de obradoiros de emprego, escolas obradoiros e últimos ciclos formativos na búsqueda de posibilidades laborais. Persoas interesadas en coñecer mais polo miúdo a fórmula cooperativa.

 Formulario de inscrición: https://lnkd.in/dMec6Qm

 Máis información: https://lnkd.in/dWr-K8c

Podes Informarte: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. / Telf: 881 887 456

on 31 Mai 2021
  • Mellora a túa produtividade con Trello e outras aplicacións I

Cando: Martes 1 de xuño de 12:00 a 13:00 horas

INSCRÍBETE

  • Iniciación ao SEO I: conceptos, palabras clave e primeiros pasos

Cando: Mércores 2 de xuño de 18:00 a 19:00 horas

INSCRÍBETE

  • Debuxo con Onshape, PartStudio III

Cando: Xoves 3 de xuño de 12:00 a 13:30 horas

INSCRÍBETE