CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE CONVOCA 33 BOLSAS DE FORMACIÓN EN BIBLIOTECONOMÍA

22. 02. 03

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 30 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das bolsas de formación en biblioteconomía e se convocan para o período 2022‑2023 (código de procedemento CT233A)

As bolsas darán comezo na data de incorporación que se estableza na resolución de concesión e finalizarán o 31 de xullo de 2023, cunha duración máxima de catorce meses.

Poderán ser beneficiarias as persoas solicitantes que cumpran os seguintes requisitos:

a) Posuír unha titulación universitaria de grao en Biblioteconomía e Documentación, Información e Documentación, Historia; Historia da Arte, Filoloxía, Lingua e Literatura, Ciencias da Cultura e Difusión Cultural, ou Humanidades. Entenderanse equivalentes ás titulacións sinaladas as licenciaturas ou diplomaturas correspondentes, así como aquelas titulacións mixtas que as inclúan.

b) Estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220203/AnuncioG0598-140122-0001_gl.pdf