MINISTERIO DE INDUSTRIA, COMERCIO E TURISMO CONVOCA AS BOLSAS FULBRIGHT

22. 07. 07

MINISTERIO DE INDUSTRIA, COMERCIO E TURISMO

Orde ICT/642/2022, do 4 de xullo, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas Fulbright polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo.

As bolsas ás que se refiren estas bases teñen por finalidade contribuír ao financiamento dun proxecto de formación académica e perfeccionamento técnicoprofesional nunha institución estadounidense, seguindo un programa de estudos establecido para a obtención do grao de «máster» ou outra titulación ou certificación profesional, un plan de acreditación académica sen obxectivo de titulación ou un proxecto de investigación.

Duración das bolsas.

A duración das bolsas será dun mínimo dun curso académico e un máximo de dous, que en ningún caso será superior a vinte e catro meses fixándose a súa data límite de finalización na respectiva convocatoria.

Obxecto das bolsas de formación.

As bolsas concederanse para a formación, perfeccionamento, acreditación académica ou investigación nos ámbitos de competencia do Ministerio.

https://www.boe.es/boe/dias/2022/07/07/pdfs/BOE-A-2022-11287.pdf