O Ministerio de Cultura e Deportes publicou no BOE un ano máis a convocatoria de Bolsas FORMARTE.
Nesta ocasión concederanse 82 bolsa de formación e especialización en materias da competencia de institucións culturais en seis modalidades.
1. 12 Bolsas de Conservación e Restauración de Bens Culturais.
2. 21 Bolsas de Museoloxía.
3. 13 Bolsas de Biblioteconomía e Documentación.
4. 15 Bolsas de Arquivística.
5. 19 Bolsas de Xestión Cultural.
6. 2 Bolsas de Artes Plásticas e Fotografía.
O prazo de solicitude ábrese o 13 de xullo de 2022.
As persoas beneficiarias das bolsas realizarán un programa de actividades coa orientación, formación e seguimento dun titor pertencente á institución que corresponda.
Cada unha das axudas estará dotada cunha contía mensual de 1.000 euros brutos mensuais, fóra da modalidade de Artes Plásticas e Fotografía que recibirá unha dotación de 2.000 euros mensuais.
O período de formación das bolsas comprende do 1 de marzo ao 30 de novembro de 2023.
Como solicitar as Bolsas FORMARTE
Para poder acceder, é necesario estar en posesión dunha titulación universitaria, dominar o español falado e escrito e ser cidadán de calquera país da Unión Europea.
Segundo recollen as bases, tamén será necesario finalizar os estudos de Grao e Licenciatura esixidos para cada modalidade no ano académico 2015/2016 ou nunha data posterior, entre outros requisitos.