FUNDACIÓN EOI CONVOCA SUBVENCIÓNS PARA A FINANCIACIÓN DE BOLSAS DIRIXIDAS A MOZOS/AS INSCRITOS/AS EN GARANTIA XUVENIL

22. 07. 14

Poderán ser entidades beneficiarias desta convocatoria as empresas (xa sexan persoas físicas ou xurídicas) de calquera sector, asociacións e outras entidades sen ánimo de lucro, con sede ou centro de traballo situado na Provincia de Lugo que, previa firma dun convenio de prácticas non laborais co Servizo Público de Emprego desta Comunidade Autónoma, competente no marco do Real Decreto 1543/2011, do 31 de outubro, subscriban acordos con persoas mozas para a realización de prácticas non laborais.

As prácticas non laborais irán dirixidas a persoas mozas beneficiarias do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil que teñan entre 18 e menos de 30 anos, que posúan unha titulación oficial universitaria, titulación de formación profesional, de grao medio ou superior, ou titulación do mesmo nivel que o desta última, correspondente aos ensinos de formación profesional, artísticas ou deportivas, ou ben un certificado de profesionalidade.

Así mesmo, non deben ter unha relación laboral ou outro tipo de experiencia profesional superior a tres meses na mesma actividade, non téndose en conta, para estes efectos, as prácticas que formen parte dos currículos para a obtención das titulacións ou certificados correspondentes.

A finalidade que se pretende con estas subvencións de axudas é que as persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil que teñan entre dezaoito e menos de trinta anos, poidan realizar prácticas non laborais en entidades beneficiarias que lles permitan ter a súa primeira experiencia profesional.

Para que a práctica non laboral en empresa sexa subvencionable, a duración dos acordos realizarase por un período de tres meses e cunha xornada de entre 20 e 30 horas semanais como máximo.

O prazo de presentación de solicitudes será de sete días naturais desde o seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no BOE. ( BOE núm. 166, do 12 de xullo de 2022)

https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-B-2022-22727