Consellería de Política Social e Xuventude
ORDE do 5 de xullo de 2022 pola que se determinan as bases reguladoras para a concesión de prazas e bolsas nas residencias xuvenís dependentes desta consellería e se convocan para o curso académico 2022/23 (códigos de procedemento BS303B, BS303C e BS303D).
As modalidades de adxudicación de prazas establecidas nesta orde regularanse a través dos seguintes procedementos:
a) BS303B: prazas en residencias xuvenís para estudantes.
b) BS303C: prazas en residencias xuvenís para persoas estudantes colaboradoras bolseiras.
c) BS303D: prazas en residencias xuvenís para persoas traballadoras.
O período máximo de estadía na residencia xuvenil de todas as persoas residentes será de 11 meses e estará comprendido no período establecido para cada curso académico, exceptuándose os períodos de vacacións de Nadal e Semana Santa.
Prazo de presentación de solicitudes
Un mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220715/AnuncioG0657-050722-0005_gl.pdf