FUNDACIÓN SEPI CONVOCA 19 BOLSAS DE FORMACIÓN PRÁCTICA CONSORCIO DE COMPENSACIÓN DE SEGUROS

23. 01. 31

Nova convocatoria de bolsas de formación práctica Fundación SEPI - Consorcio de Compensación de Seguros (CCS) para mozos/as con titulación universitaria, así como para estudantes de enxeñería superior ou de máster que teñan aprobadas todas as materias da carreira, a excepción do proxecto de fin de carreira.

As bolsas teñen unha duración de 12 meses e unha asignación mensual de 885 euros, e para este 6º proceso convocáronse un total de 19 bolsas que se desenvolverán nas delegacións do Consorcio da:

Coruña (2 bolsas),

Madrid (14),

Santa Cruz de Tenerife (1),

Valladolid (1)

Zaragoza (1 bolsa).

As titulacións requiridas nesta convocatoria son: Arquitectura, Economía, Empresas, Xeografía, Xeografía e Historia, Dereito, Enxeñería civil e de obras públicas, Enxeñería industrial, e Enxeñería de organización. 

Solicitudes ata o 16 de febreiro

https://fundacionsepi.es/becas/CCS-fsepi.asp