XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS EXTRANXEIRAS

24. 02. 23

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES

ORDE do 29 de xaneiro de 2024 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento ED504B)

O obxecto desta orde é establecer as bases e convocar axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para realizar as actividades de formación, dirixidas á mellora das competencias en linguas estranxeiras do alumnado de distintos niveis dos centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia, durante o ano 2024.

Actividades de formación convocadas

1. As actividades que se convocan, cuxo contido se especifica en canto a número de prazas, destino e réxime de aloxamento no anexo IV, son actividades de formación para a mellora na competencia no uso de linguas estranxeiras.

2. O período de realización destas actividades comprenderá desde a primeira semana do mes de xullo ata finais do mes de agosto de 2024, coa excepción das actividades para o 2º curso de bacharelato, que se desenvolverán no mes de agosto.

Persoas beneficiarias e requisitos

1. Poderá solicitar a participación nas actividades convocadas e ser beneficiario destas axudas o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

a) Estar cursando, no réxime xeral, 1º ou 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos, durante o curso 2023/24, na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2022/23.

c) Ter acadado no curso 2022/23, na área ou materia de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía, unha cualificación mínima de 6 no 4º curso de ensinanza secundaria obrigatoria para as prazas convocadas para o 1º curso de bacharelato e de 6 no 1º curso de bacharelato para as prazas convocadas para o 2º curso de bacharelato.

d) Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.

e) Non estar incurso, nin o/a solicitante nin as persoas representantes/membros da unidade familiar, nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

f) Estar en posesión do documento nacional de identidade (en diante, DNI), número de identidade de estranxeiro (en diante, NIE) ou pasaporte.

2. As axudas poderán ser solicitadas polos pais, nais ou titor/a legal, no caso do alumnado menor de idade, ou polo propio alumnado se é maior de 18 anos, sempre que conten con domicilio no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

A contía da axuda para cada beneficiario ou beneficiaria será a resultante de aplicar a diferenza entre o custo total da estadía para a que resultase seleccionado ou seleccionada e a achega que lle corresponda segundo os custos correspondentes aos grupos de achega familiar (A, B, C e D) sinalados no anexo IV, e de acordo co procedemento aplicado para a súa selección e asignación a un grupo de achega familiar, indicado no anexo V.

O procedemento de solicitude iniciarase a través da aplicación «en liña» dispoñible desde a páxina web https://www.edu.xunta.gal/axudasle/, cubrindo o formulario electrónico que corresponda. Unha vez cuberto este formulario, gravarán os datos na aplicación «en liña», o que permitirá elixir entre a presentación a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente a través dun lugar ou rexistro dos establecidos na norma reguladora do procedemento administrativo común, xerando os documentos en formato PDF, correspondentes aos anexos I e II, os mesmos que os obtidos a través da sede electrónica, que a persoa interesada deberá imprimir e asinar.

Toda a información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240212/AnuncioG0655-300124-0003_gl.pdf

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED504B&ano=2024&numpub=1&lang=gl

No caso da Estrada o código de busca di IES MANUEL GARCIA BARROS é: 36002335