CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES
ORDE do 22 de febreiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se realiza a convocatoria dos Premios Ángela Ruiz Robles á Excelencia Académica para o alumnado de grao universitario oficial que obtivese as mellores cualificacións no curso 2022/23 nas universidades do Sistema universitario de Galicia.
Persoas destinatarias
1. Os premios destínanse ao alumnado universitario de grao oficial que obtivo as mellores cualificacións no curso 2022/23 nas universidades do Sistema universitario de Galicia.
2. Concederase un premio por cada un dos cursos en que se estruturan os plans de estudos das titulacións oficiais de grao, agás no derradeiro curso, e en cada un dos centros en que se impartan. Para o alumnado dos programas de simultaneidade de graos estenderase o premio ata o penúltimo curso anual dos ditos programas.
No suposto de que o/a alumno/a estea matriculado/a en materias de varios cursos, segundo o programa de estudos, entenderase, para os efectos desta orde, que o curso polo cal opta ao premio será aquel en que estea matriculado/a de máis créditos. Na circunstancia de que o número de créditos sexa o mesmo, interpretarase que opta ao premio polo curso superior.
Cada persoa premiada recibirá unha dotación económica de 1.100 euros e un diploma acreditativo desta distinción
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240301/AnuncioG0655-220224-0004_gl.pdf