XUNTA DE GALICIA CONVOCA O PROGRAMA RETORNA TALENTO FP PARA PERSOAS GALEGAS RESIDENTES NO ESTRANXEIRO INTERESADAS EN RETORNADAS

24. 03. 13

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES

ORDE do 28 de febreiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o programa Retorna Talento FP, para persoas galegas residentes no estranxeiro interesadas en retornar e cursar determinados estudos de formación profesional que se inicien no curso académico 2024/25 en centros educativos de Galicia (código de procedemento ED333B).

1. Modalidade A: programas específicos básicos. Corenta e oito (48) bolsas para cursar as ensinanzas de formación específica básica que se detallan no anexo IV. O alumnado seleccionado cursará as devanditas ensinanzas na modalidade presencial durante o curso 2024/25.

2. Modalidade B: ciclos de formación profesional dual. Sesenta (60) bolsas para cursar os ciclos de formación profesional dual que se indican no anexo V.

Requisitos que se deberán cumprir e acreditar no prazo de presentación de solicitudes:

a) Ser menor de 45 anos.

b) Estar en posesión da nacionalidade española.

c) Residir no estranxeiro.

d) Acreditar un mínimo de dous (2) anos de residencia fóra de España inmediatamente anterior á data da presentación da solicitude.

e) Cumprir polo menos unha das seguintes condicións:

– Ser emigrante nacido/a en Galicia.

– Ser emigrante non nacido/a en Galicia, pero ter residido en Galicia de forma continuada durante dez (10) anos con nacionalidade española antes de emigrar.

– Ser descendente por consanguinidade de emigrante nacido/a en Galicia, sempre que a persoa solicitante nacese no estranxeiro.

f) No caso das persoas nacidas no estranxeiro, estar vinculadas a un concello galego. Este requisito poderase acreditar con posterioridade, pero sempre antes de que remate o prazo de emenda da documentación preceptiva.

g) No caso das persoas solicitantes da modalidade B:

– Estar en posesión dalgunha das titulacións que dan acceso ao ciclo formativo correspondente de acordo co establecido nos artigos 6 e 7 da Orde do 15 de xuño de 2016 pola que se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos para impartir ciclos formativos de formación profesional de grao medio e de grao superior en réxime ordinario e para as persoas adultas. As ditas titulacións pódense consultar na seguinte páxina web: https://www.xunta.gal/dog/publicados/2016/20160627/anunciog0164-210616-0003_es.html

– A titulación deberá estar homologada e acreditarase mediante a correspondente credencial de homologación. Non obstante, permitirase a inscrición condicionada neste procedemento mediante a presentación da solicitude de homologación xunto coa declaración responsable no modelo do anexo III da Orde do 9 de xullo de 2018 reguladora do procedemento de homologación e/ou validación de títulos e estudos estranxeiros de ensinanzas non universitarias. En calquera caso, a credencial de homologación deberá estar resolta positivamente, e deberá estar enviada antes do 31 de xaneiro do 2025 ao correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

– Dispoñer de conexión á internet e ordenador ou dispositivo móbil compatible coa plataforma de teleformación da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (https://www.edu.xunta.gal/fpadistancia/).

O prazo de presentación de solicitudes será de 60 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (DOG) e finalizará ás 23.59.59 horas (hora peninsular española) do día no que finalice o dito cómputo.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240313/AnuncioG0655-050324-0002_gl.pdf