XUNTA DE GALICIA CONVOCA OS PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA AO RENDEMENTO ACADÉMICO

24. 06. 12

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL

ORDE do 29 de maio de 2024 pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2023/24 (código de procedemento ED311D).

Poderanse conceder ata un máximo de 20 premios extraordinarios. 

A dotación para os premios será de 20.000 € con cargo á aplicación orzamentaria 37.03.423A.480.1 da consellería que convoca, dos orzamentos do ano 2024, que se distribuirán entre as persoas premiadas na mesma contía, e que non poderá exceder os 1.000 € por premio.

A concesión das axudas reguladas nesta orde terá como límite global o crédito asignado para este fin. 

O alumnado que obteña o premio extraordinario percibirá a dotación económica, de cumprir os requisitos establecidos no artigo 17 desta orde e, ademais, recibirá un diploma.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir da data de publicación no DOG.

chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240606/AnuncioG0761-290524-0001_gl.pdf