AXENCIA DE TURISMO DE GALICIA
RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de bolsas para a realización de estudos no Centro Superior de Hostalería de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o curso 2024/25 (códigos de procedemento TU200A, TU200C e TU200D).
Bolsas ordinarias tipo I:
• 10 bolsas para o grao en Xestión de Empresas Hostaleiras.
• 1 bolsa curso superior de Chef de Cociña e Pastelaría.
Bolsas ordinarias tipo II:
• 15 bolsas para o grao en Xestión de Empresas Hostaleiras.
• 3 bolsas para o curso superior de Chef de Cociña e Pastelaría.
Bolsas excelencia académica (tipo I):
• 6 bolsas para o grao en Xestión de Empresas Hostaleiras.
• 2 bolsas para o curso superior de Chef de Cociña e Pastelaría.
Bolsas para persoas galegas residentes no exterior (tipo I):
• 10 bolsas para o grao en Xestión de Empresas Hostaleiras.
• 5 bolsas para o curso superior de Chef de Cociña e Pastelaría.
As bolsas supoñen un desconto dun 50 % ou un 80 % no prezo da matrícula ordinaria e desconto do 100 % no prezo do aloxamento na residencia do CSHG en cuarto compartido con pensión completa, segundo se reflicte na Orde do 4 de xullo de 2014 pola que se fixan os prezos privados correspondentes aos estudos conducentes á obtención das titulacións do Centro Superior de Hostalaría de Galicia, modificada por Orde do 29 de maio de 2024 (DOG núm. 110, do 7 de xuño).
O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 18 de xullo de 2024.
chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240620/AnuncioG0256-110624-0002_gl.pdf