XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS ÁS PERSOAS TRABALLADORAS DO SECTOR DO ESPECTÁCULO GALEGO

Consellería de Emprego e Igualdade
ORDE do 29 de marzo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a persoas traballadoras do sector do espectáculo no
ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento TR820O).

Poderán ser beneficiarias destas axudas, nos termos recollidos na presente orde, as persoas traballadoras que reúnan os seguinte requisitos:
a) Que estivesen contratadas por conta allea en empresas cuxa actividade económica se encadre nos códigos 5920, 7021, 7721, 7739, 8552, 9001, 9002, 9003 e 9004, da Clasificación nacional de actividades económicas en centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia cumprindo a seguinte condición:
– Acreditar durante o ano 2019 un mínimo de 50 días nas empresas cos códigos CNAE sinalados e que este tempo, ademais, constitúa como mínimo o 75 % das xornadas totais traballadas nese ano.
No suposto de contratos a tempo parcial, estes computaranse proporcionalmente á súa xornada de traballo.
b) Acreditar que durante o período comprendido entre o 14 de marzo de 2020 e o 13 de outubro de 2020 estivese contratado por conta allea un máximo de 7 días.

A contía da subvención consistirá nunha axuda de 500 euros mensuais, durante os meses en que non se tivese recoñecida ningunha prestación pública dentro do período comprendido entre o 14 de marzo de 2020 e o 13 de outubro de 2020.

Os períodos inferiores ao mes serán rateados proporcionalmente.

A percepción desta axuda é incompatible coa percepción da prestación por desemprego, invalidez ou xubilación ou calquera outra de carácter público durante o período recollido no artigo 4 desta orde. 

O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia da presente orde.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210414/AnuncioG0599-300321-0001_gl.pdf