Axencia Galega de Innovación
RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras da II edición dos Premios Galicia de Innovación e Deseño e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento IN822E).
A finalidade dos premios é recoñecer o labor de profesionais e empresas galegas pola súa excelente contribución á innovación como un elemento indispensable no desenvolvemento da súa estratexia profesional e o seu crecemento empresarial, alcanzando con iso altas cotas de competitividade nos mercados, tanto galegos, nacionais como internacionais.
Así mesmo, trátase de recoñecer os profesionais e empresas que contribúen significativamente á mellora do prestixio do deseño galego e a súa internacionalización, así como as empresas que, ao incorporalo á súa estratexia empresarial, demostran que o deseño actúa como como motor de innovación e competitividade.
Dentro dos premios de innovación recóllense as seguintes categorías:
a) Traxectoria Innnovadora.
b) Grande Empresa.
c) Pequena e Mediana Empresa.
2. Dentro dos premios de deseño incluiranse as seguintes categorías:
a) Profesionais.
b) Empresas.
c) Mozos/as deseñadores/as.
O prazo de presentación de solicitudes será de tres meses contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210713/AnuncioG0198-020721-0006_gl.pdf