AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA CONVOCA SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE ENERXÍAS RENOVABLES DE USO TÉRMICO PARA PARTICULARES

Axencia Instituto Enerxético de Galicia
RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de enerxías renovables, de uso térmico, dirixidas a particulares, para o ano 2021 (código de procedemento IN421P).

Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, as persoas físicas titulares de calquera dereito sobre un inmoble de dereito residencial ou as comunidades e mancomunidades de veciños, sempre que as actuacións subvencionables descritas no artigo 4 se realice en vivendas ou edificios do sector residencial sitas na Comunidade Autónoma de Galicia. Así mesmo, as agrupación de persoas físicas, privadas sen personalidade e non poderán estas disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

A contía da axuda será do 50 % do investimento elixible da instalación, agás os proxectos de aerotermia cuxa axuda será do 30 %, tendo en conta o seu orzamento e os valores máximos por potencia definidos no artigo 5 destas bases reguladoras. A contía máxima por proxecto será de 60.000 euros.

Serán subvencionables:

a) O equipamento principal de xeración enerxética (paneis solares térmicos, bomba de calor, caldeira, ...).
No caso da biomasa o custo do equipamento térmico e os seus accesorios principais (sistema de regulación e control, sistemas de limpeza, depuración de fumes, extracción cinzas).
b) Resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento de sistema.
c) O custo do sistema de almacenamento do combustible.
d) O custo do sistema de alimentación do combustible.
e) O custo de montaxe e conexionado.
f) No caso da enerxía xeotérmica o sistema de captación do recurso xeotérmico: sondeos, intercambiadores, acumuladores, tubaxes, etc.

En concreto, os proxectos de biomasa que se subvencionarán son os do grupo: A1 estufas de aire, cociñas calefactoras, A2 cambio de queimadores existentes que non sexade biomasa, B1 equipamentos térmicos que utilicen leña, hidroestufas ou Insert/cheminea de auga, B2 (caldeiras de pellets con volume de acumulación de combustible inferior a 1.000 l) e B3 (caldeiras de pellets con volume de acumulación de combustible maior o
igual a 1.000 l).

As solicitudes de axudas presentaranse polas entidades colaboradoras segundo o modelo do anexo II desta resolución, xunto coa documentación que se indica nas bases reguladoras.

O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará segundo a tipoloxía do proxecto nas seguintes datas:
− Biomasa: o 1 de marzo de 2021 ás 9.00 horas.
− Aerotermia: o 2 de marzo de 2021 ás 9.00 horas.
− Xeotermia: o 5 de marzo de 2021 ás 9.00 horas.
− Solar térmica: o 5 de marzo de 2021 ás 9.00 horas.
O prazo de presentación de solicitudes de axuda finalizara o 1 de xullo de 2021 para todas as tipoloxías de proxectos.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210118/AnuncioG0474-281220-0008_gl.pdf