XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS PARA ACTUACIÓNS DE REHABILITACIÓN ENERXÉTICA EN EDIFICIOS EXISTENTES

 

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO
RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2020 pola que se convoca o Programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes, con carácter plurianual (código de procedemento VI406C).

Actuacións subvencionables

a) Mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica (tipoloxía 1).
b) Mellora da eficiencia enerxética e uso de enerxías renovables nas instalacións térmicas de calefacción, climatización, refrixeración, ventilación e auga quente sanitaria (tipoloxía 2).
c) Mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación (tipoloxía 3).

As actuacións subvencionables deberán realizarse:
– En edificios completos que teñan os usos de vivenda unifamiliar ou en edificios de tipoloxía residencial colectiva de vivenda (opción A).
– Nunha ou varias vivendas o locais do edificio, consideradas individualmente ou sobrepartes dun edificio (opción B)

Persoas ou entidades beneficiarias
1. De conformidade co establecido no artigo 11 do Real decreto 737/2020, do 4 de agosto, poderán ser beneficiarias destas axudas, sempre que teñan residencia fiscal en España:
a) As persoas físicas que sexan propietarias de vivendas unifamiliares ou de edificios de tipoloxía residencial colectiva ou de vivendas e locais existentes nestes últimos edificios
b) As comunidades de persoas propietarias o as agrupacións de comunidades de persoas propietarias de edificios residenciais de uso vivenda, constituídas conforme o disposto polo artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal.
c) As persoas propietarias que de forma agrupada sexan propietarias de edificios que reúnan os requisitos establecidos no artigo 396 do Código civil e non outorgasen o título constitutivo de propiedade horizontal.

As axudas previstas nesta convocatoria poderanse solicitar desde o día 2 de xaneiro ata o 31 de xullo de 2021, salvo que, con anterioridade, se esgote o crédito orzamentario, o que será obxecto de publicación no DOG e na páxina web do IGVS.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201106/AnuncioC3Q2-291020-0002_gl.pdf

Consulta aquí cales son as ACTUACIÓNS OBXETO DE AXUDA: https://www.boe.es/boe/dias/2020/08/06/pdfs/BOE-A-2020-9272.pdf

Teléfono de contacto para máis información: 981 957 529 ou 981 541 981