Axencia Turismo de Galicia
RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas ao alumnado do Centro Superior de Hostalería de Galicia, para cursar estudos complementarios para a obtención dun título oficial en Dirección Hoteleira no estranxeiro no curso 2020/21, e se procede á súa convocatoria para o curso
2020/21 (código do procedemento TU200B).
Estas bases teñen por obxecto o outorgamento, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas á matrícula para os/as alumnos/as que teñan finalizados os estudos de Gran Diploma de Xestión e Dirección de Empresas Hostaleiras ou Diploma Superior en Xestión Hoteleira do Centro Superior de Hostalaría de Galicia e vaian a realizar estudos complementarios para a obtención no curso 2020/21 dun título oficial de Dirección Hoteleira no
estranxeiro.
Ao abeiro desta convocatoria concederanse un máximo de 10 axudas de estudos, cunha contía máxima de 3.000 € por alumno, sen que en todo caso esta cantidade supere o 40 % do importe da matrícula.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210204/AnuncioG0256-150121-0001_gl.pdf