CONSELLERIA DE PROMOCIÓN DE EMPREGO CONVOCA O PROGRAMA NOVA OPORTUNIDADE DAS PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Nova oportunidade das persoas traballadoras autónomas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TR790A).

Serán beneficiarias destas axudas as persoas autónomas que teñan sido autónomas con anterioridade, que queren volver a emprender, e cumpran os seguintes requisitos:

a) Ter causado alta no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) ou calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, no período do 31 de outubro de 2022 ao 30 de outubro de 2023.

b) Ter cotizado anteriormente a esta nova alta polo menos durante 3 meses ininterrompidos na súa vida laboral no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) ou calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional.

c) Estar inscrita como persoa demandante de emprego nos servizos públicos de emprego con carácter previo á nova alta e carecer de ocupación efectiva, non ter contrato laboral en vigor e atoparse en tal situación na data inmediatamente anterior á de inicio da actividade laboral.

d) Transcorrer un período mínimo de tres meses entre a nova alta na Seguridade Social e a anterior baixa.

e) Ter o domicilio fiscal en algún concello de Galicia e desenvolver a súa nova actividade económica ou profesional en Galicia.

f) Ter iniciada a actividade con anterioridade á presentación da solicitude de subvención.

A axuda do Bono alta nova oportunidade será dunha contía de 10.000 €.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia ata o 31 de outubro de 2023

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230531/AnuncioG0656-110523-0006_gl.pdf