CONSELLERIA DE MEDIO RURAL CONVOCA AXUDAS PARA O FOMENTO DA UTILIZACIÓN DE MAQUINARIA AGRÍCOLA EN RÉXIME ASOCIATIVO (FONDOS EUROPEOS)

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 11 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo en Galicia, financiadas co instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MR351A).

Esta axuda ten como finalidade:

a) Promover a utilización de maquinaria e equipamentos de carácter agropecuario en réxime asociativo.

b) Fomentar a introdución de novas tecnoloxías no emprego de maquinaria e equipamentos.

c) Racionalizar os custos de mecanización, incrementar os mecanismos de seguranza no traballo, reducir as emisións contaminantes e fomentar o aforro enerxético, na procura dunha mellora da calidade de vida no medio rural.

Unicamente poderán ser beneficiarios da axuda regulada nesta orde:

a) As cooperativas agrarias.

b) Cooperativas de utilización de maquinaria en común (CUMA).

c) As cooperativas de explotación comunitaria da terra de 5 ou menos anos de antigüidade. d) As sociedades agrarias de transformación procedentes da fusión de polo menos dúas explotacións agrarias, nos últimos 5 anos naturais. En adiante, SAT de fusión.

O prazo para a presentación de solicitudes é dun mes desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230726/AnuncioG0426-110723-0002_gl.pdf