CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN
Orde do 12 de decembro de 2024 pola se efectúa a segunda convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o financiamento de accións formativas do Sistema de formación profesional dos graos A, B e C, e competencias clave, destinadas a persoas traballadoras ocupadas, para o exercicio 2025 (código de procedemento TR301X).
Entidades beneficiarias
Poderán solicitar e obter a condición de beneficiarias das subvencións reguladas nesta orde as empresas e as entidades sen ánimo de lucro que, con anterioridade á data de presentación da solicitude de subvención, estean acreditadas ou, de ser o caso, inscritas para impartiren no ámbito da Comunidade Autónoma as ofertas formativas do Sistema de formación profesional dos graos A, B e C e/ou as competencias clave para as cales soliciten subvención, xa sexa na modalidade presencial ou virtual, entendida esta última como modalidade de teleformación.
As entidades solicitantes deberán estar acreditadas ou inscritas para impartir as ofertas de formación profesional dos graos A, B e C, ou as especialidades formativas de competencias clave, no Rexistro de Centros e Entidades de Formación da Comunidade Autónoma de Galicia ou, no caso de que a formación se imparta na modalidade virtual, no correspondente rexistro estatal.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado dispoñible na aplicación SIFO, anexo I, accesible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal ou no enderezo directo https://emprego.xunta.es/sifo-solicitudes
O prazo de presentación estará aberto desde o día da entrada en vigor da orde ata o 30 de setembro de 2025 ou, de ser o caso, ata que se esgote o crédito orzamentario dispoñible.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250129/AnuncioG0767-131224-0001_gl.pdf