CONCELLO DA ESTRADA: BASES REGULADORAS PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS PARA EVENTOS E ACTIVIDADES CULTURAIS MEDIANTE LIBRE CONCORRENCIA COMPETITIVA 2026

26. 05. 08

BASES REGULADORAS PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS PARA EVENTOS E ACTIVIDADES CULTURAIS MEDIANTE LIBRE CONCORRENCIA COMPETITIVA 2026

O obxecto desta convocatoria é a promoción e impulso de eventos e actividades culturais nas parroquias do Concello da Estrada e contribuír para que acaden os obxectivos que lles son propios, fomentando a participación da cidadanía en cada ámbito de actuación, contribuíndo de este xeito a impulsar a democratización da sociedade e fomentando a defensa dos valores de igualdade de xénero e a linguaxe inclusiva.

Beneficiarios/as

Entidades privadas sen ánimo de lucro, concretamente as asociacións legalmente constituídas, inscritas no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia e no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello da Estrada, que teñan o seu domicilio social e desenvolvan as súas actividades no Concello da Estrada.

As solicitudes e demais documentación presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do procedemento habilitado na Sede electrónica municipal https://aestrada.sedelectronica.gal/info.0, de acordo co establecido no artigo 14.2 da LPACAP.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia.

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2026/05/08/2026037804