COMO XUSTIFICAR AS AXUDAS DA XUNTA DE GALICIA CONCEDIDAS PARA A OBTENCIÓN DOS PERMISOS DE CONDUCIÓN CLASES B E C Á MOCIDADE GALEGA

21. 12. 23
Se recibes a notificación ( a través dunha mensaxe ao teu teléfono cunha ligazón á sede electrónica da Xunta), terás que:
 
1.- Entrar na TÚA SEDE coa CHAVE 365 (tes que introducir o teu NIF/NIE e o contrasinal que estableceras).
 
2.- Recoller a notificación ( tes 10 días de prazo para enviar a documentación requerida unha vez aberta a mensaxe).
 
3.- Documentación SOLICITADA:
 
a) XUSTIFICANTE da obtención do carné
b) ANEXO II de ACEPTACIÓN DA AXUDA
c) ANEXO III de DECLARACIÓN DA PERCEPCIÓN OU NON DOUTRAS AXUDAS PARA A MESMA FINALIDADE.
 
Onde descargas os anexos?
 
Na sede electrónica da Xunta: https://sede.xunta.gal/portada?langId=es_ES no buscador por o código: BS321A atoparalos no apartado: Fase de xustificación
 
- Declaración complementaria (ANEXO III): https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/23544142
 
Unha vez cumprimentados e asinados, debes subir toda esta documentación á túa sede no apartado: ACHEGA DE DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA
 
Se tes algunha dúbida podes contactar coa Dirección Xeral de Xuventude nos teléfonos:
881 999 314
881 999 194
981 544 840
 
E tamén no enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.