COMPLEMENTO DA SEGURIDADE SOCIAL POR FILLO /A A CARGO

24. 04. 09

Trátase do complemento para a infancia do Ingreso Mínimo Vital (CAPI) aprobada na Lei 19/2021, do 20 de decembro, unha axuda mensual por cada fillo/a e cuxa contía depende da idade do mesmo.

Inicialmente, como o seu nome indica, tratábase dun complemento para as persoas beneficiarias do IMV, aínda que actualmente pódena cobrar aquelas persoas que non cumpren os requisitos da renda mínima da Seguridade Social.

Esta axuda ten as seguintes contías mensuais en 2024 por cada fillo/aque se teña:

Menores de tres anos: 115 euros.

Maiores de tres anos e menores de seis anos: 80,50 euros.

Maiores de seis anos e menores de 18 anos: 57,50 euros.

A axuda pódena solicitar todas as familias, tanto se son monoparentais coma se non, nas que dentro da súa unidade familiar haxa menores de idade.

Para poder acceder a estas axudas é necesario cumprir unha serie de requisitos:
 
- Ingresos inferiores ao 300% dos limiares establecidos para o cálculo da renda garantida, segundo os membros da familia.
- O patrimonio neto debe ser inferior ao 150% dos límites para o cálculo do límite de patrimonio aplicable.
- Cumprir cun test de activos no que o límite para un adulto corresponde con seis veces a renda garantida para o seu tipo de familia, cunha escala de incrementos igual á do límite de rendas.
 
Se tes dúbidas sobre se cumprirías estes requisitos, podes acceder ao simulador do Ingreso Mínimo Vital co que podes comprobar se podes acceder ao complemento de axuda á infancia e mesmo se poderías ser beneficiario de IMV: https://imv.seg-social.es/
 
Recomendámosche que PIDAS CITA CO INNSS para sair de dúbidas e comprobar se podes acceder a este complemento: https://sede.seg-social.gob.es/wps/portal/sede/sede/Ciudadanos/cita+previa+para+pensiones+y+otras+prestaciones/13cita+previa+para+pensiones+y+otras+prestaciones
 
*No caso da Estrada é a oficina que está ubicada no antigo centro de saúde.