Estas medidas poderán aplicarse se calquera administración competente emite unha alerta laranxa ou vermella por clima adverso.
Engádense os permisos remunerados no Estatuto dos Traballadores:
🔹4 días se non se pode acudir ao centro de traballo prorrogables ata que desaparezan as circunstancias.
Se son máis días a empresa poderá acollerse a un ERTE POR FORZA MAIOR
‼️ Os representantes das persoas traballadoras poderán acordar a paralización da actividade
🔹As empresas deberán informar os seus traballadores e traballadoras das medidas ante fenómenos adversos.
🔹 Será obrigatorio en todos os convenios colectivos un protocolo de Prevención de riscos laborais ante catástrofes e fenómenos adversos.
🔹Ningunha persoa traballadora poderá sufrir consecuencias por exercer estes dereitos.