AXUDAS Á REHABILITACIÓN DE VIVENDAS E DECLARACIÓN DA RENDA. HAI QUE DECLARALAS?

24. 07. 18

As axudas para a REHABILITACIÓN DAS VIVENDAS; MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA  ao igual que o resto de axudas deben declararse no IRPF do ano en que se cobra a axuda.

Desde o punto de vista fiscal, recibir unha axuda para a realización dunha obra, supón unha  ganancia patrimonial para quen a recibe. Esa ganancia non está exenta polo que hai que incluíla na declaración da Renda de quen a reciba. Cada ano declárase a axuda que se cobrou nese período. 

Chegados a este punto debemos ter ne conta varios aspectos.

1) QUEN ESTÁ OBRIGADO/A A DECLARAR O IRPF: Todas as persoas que percibisen en concepto de axuda máis de 1.000 euros

2) Unha cousa é estar obrigado/a a declarar o IRPF e outra que che salga a pagar.

Se estás obrigado/a a declarar, verás se no teu caso tes que pagar ou che sae a devolver.
Se recibiches calquera das axudas, ten isto en conta a efectos da declaración: Aínda que teñas un salario moi pequeno, mesmo inferior aos 15.000 euros, recibir algúns ingresos diferentes ás rendas do traballo, mesmo en cantidades que quizais che parezan ridículas, pódeche obrigar a declarar. En concreto, se o ano pasado recibiches máis de 1.000 euros anuais de axudas públicas, terás a obrigación de declarar, sen importar a contía do teu salario. E o mesmo ocorre se recibiches o bono por menos cantidade, pero superaches os 1.000 euros de ingresos coa suma de axudas públicas, subvencións para adquirir vivenda de protección oficial ou prezo taxado, rendas imputadas inmobiliarias e rendementos non suxeitos a retención de letras do Tesouro.
 
 
Dito isto, lembra que dispós de varios medios para facer a túa declaración da renda sen ten que incurrir en gastos de xestoria:
 
a) A través de INTERNET, con medios de identificación telemáticos.
b) Por TELÉFONO: Pedindo cita previa nos teléfonos: 91 535 73 26, ou no 901 12 12 24