- Entrada en vigor: 20 DE MAIO DE 2025
A norma, aprobada en novembro de 2024 a través do Real Decreto 1155/2024, introduce cambios importantes nos procedementos de residencia, regularización e reagrupamento familiar para persoas estranxeiras.
1. Redución do prazo para arraigamento
Diminución do tempo de estancia esixido para solicitar o arraigamento: de tres a dous anos. Esta modificación permitirá que máis persoas en situación irregular accedan antes a un permiso de residencia legal, que inicialmente terá unha vixencia dun ano e que, tras a renovación, estenderase por catro anos máis.
2. Arraigamento de segunda oportunidade
Créase unha nova figura para quen xa tiveron un permiso de residencia pero non puideron renovalo por causas como a perda de emprego. Se permaneceron polo menos dous anos no país desde a expiración do permiso, poderán solicitar un novo.
Con todo, esta opción non estará dispoñible para os solicitantes de asilo.
3. Novo permiso para familiares de españois
Unifícanse dous permisos existentes nun só: o permiso para familiares de españois.
Incluirá a familiares directos e tamén a membros da “familia extensa” que acrediten dependencia do cidadán español.
A idade límite para reagrupar fillos amplíase ata os 26 anos e as solicitudes poderán facerse desde España, sen pasar por consulados.
Flexibilízase tamén o trámite para ascendentes, que xa non terán que volver ao seu país para iniciar o proceso. Con todo, deberán demostrar dependencia económica se teñen menos de 80 anos.
4. Cambios para estudantado estranxeiro
Os/as estudantes poderán traballar ata 30 horas semanais se están inscritos en estudos superiores.
Tamén poderán realizar ata o 50% dos seus estudos en modalidade en liña e xustificar medios económicos mediante un contrato ou unha oferta de traballo.
O permiso concederase pola duración exacta dos estudos.
Ademais, os familiares de estudantes poderán pedir a residencia desde España, sempre que se atopen en situación legal.
Os menores xa non poderán obter permiso de estudos baixo esta modalidade.
REAL-DECRETO: https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-2024-24099
*Fonte: empleojob