Poderán solicitar estas axudas as entidades de iniciativa social, asociacións de mulleres, asociacións de maiores, asociacións veciñais e culturais e ANPA que teñan a sede social ou unha delegación na provincia de Pontevedra e cumpran os seguintes requisitos:
• Carecer de fins de lucro e ter finalidades coincidentes co obxecto da subvención, segundo os seus estatutos.
• Estar ao corrente das obrigas coa Axencia Estatal Tributaria, coa Facenda autonómica, coa Seguridade Social e coa Deputación de Pontevedra.
• Non incorrer en ningunha das prohibicións previstas na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (LXS), nin estar incluídas nos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas.
Todos os requisitos sinalados deberán cumprirse na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes e manterse durante todo o período de vixencia desta convocatoria.
Serán obxecto de subvención aqueles gastos previstos a continuación e derivados da realización dalgunha das actividades enmarcadas dentro do catálogo de “+Convivencia” (anexo II) que se realicen ata o 15 de decembro de 2024.
6.2. Consideraranse gastos subvencionables aqueles que de xeito indubidable respondan á natureza da actividade subvencionada, como, por exemplo:
• Custos de entradas ou similares.
• Gastos de medios de transporte.
• Gastos de axencias de viaxes.
• Gastos de guías oficiais de Galicia (https://aei.turismo.gal/es/rexistro-de-empresas-e-actividades-turisticas).
• Gastos de seguros necesarios para o desenvolvemento da actividade.
• Gastos de restauración ou catering, que non poderán exceder do 50 % do gasto subvencionable (máximo 500 euros).
O prazo para a presentación de solicitudes será do 15 de abril ao 1 de decembro de 2024, ata esgotar o crédito dispoñible para a presente convocatoria.
Toda a información: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2024/04/10/2024023814