Ciberseguridade, ramsonware e suplantación de Identidade
Cando: Luns 13 de marzo de 10:00 a 11:00 horas
Xestión do acoso por razón de xénero na empresa
Cando: Martes 14 de marzo de 17:00 a 19:00 horas
Crea unha campaña de email márketing con MailChimp
Cando: Mércores 15 de marzo de 12:00 a 13:00 horas
Como crear o teu blog turístico
Cando: Mércores 15 de marzo de 17:00 a 19:00 horas
Como emitir o teu evento en liña de xeito profesional II
Cando: Xoves 16 de marzo de 11:00 a 12:30 horas
Así funciona Whatsapp Business
Cando: Xoves 16 de marzo de 18:00 a 19:00 horas
Tamén podes inscribirte chamando por teléfono ao 886 202 020 ou enviando un correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
200 HORAS TEÓRICO- PRÁCTICAS
150 HORAS DE PRÁCTICAS EN ENTIDADES
DATAS: ABRIL
LUGAR: A ESTRADA
TITULO HOMOLOGADO POLA XUNTA DE GALICIA
INSCRICIÓNS:
No enlace: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfEVfLrPdKLMAQzSgm9wgOT7QWqCoIsUJV93tcE-vJGBxefWw/viewform
No teléfono: 635 135 809
Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2023, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2023 (código de procedemento PL500C)
Persoas destinatarias.
As persoas maiores de dezaseis anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria, nacionais ou estranxeiras.
As probas dos distintos niveis Celga terán lugar en maio/xuño de 2023, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida. As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal).
As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada.
Presentación de solicitudes e prazo.
As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C, que se publica como anexo I, e aboar a taxa correspondente. No formulario de solicitude deberán indicar a proba ou as probas a que solicitan presentarse, así como a localidade, e dirixilo á Secretaría Xeral de Política Lingüística.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, será de quince días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte (27 DE MARZO)
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230306/AnuncioG0655-010323-0001_gl.pdf
BASES REGULADORAS DA SÉTIMA EDICIÓN DOS CURSOS DE ESPAÑOL PARA PERSOAS INMIGRANTES PARA A PREPARACIÓN DO DELE A2 PARA O ANO 2023
Estas bases teñen por obxecto aprobar a convocatoria da sétima edición dos Cursos de Español para Persoas Inmigrantes para a Preparación do DELE de nivel A2 do Marco común europeo de referencia para as linguas (MCER), expedido polo Instituto Cervantes en nome do Ministerio de Educación e Formación Profesional, co propósito de obter a nacionalidade española.
As persoas destinatarias desta convocatoria son persoas inmigrantes que reúnan os seguintes requisitos:
• Atoparse en situación regular en España
• Ser maiores de 16 anos
• Estar empadroadas nun concello da provincia de Pontevedra
• Saber ler e escribir
• Ter coñecementos básicos da lingua española (o nivel do curso será o A2 do MCER)
• Non contar cunha dispensa do Ministerio de Xustiza para realizar a proba do DELE A2
O prazo de inscrición comezará o 14 de marzo e rematará o 12 de abril, vinte (20) días hábiles contados a partir do décimo día natural seguinte ao da publicación das bases e do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e na Base de Datos Nacional de Subvencións.
https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2023/03/03/2023014402