on 13 Xaneiro 2023
 
Prazo de presentación de solicitudes: do 11 de xaneiro ao 10 de febreiro de 2023.
 
Preferiblemente, presentar a solicitude por vía electrónica.
 
No caso de solicitudes cumprimentadas a man:
rógase claridade nos datos;
é necesario indicar o número de DNI, NIE ou pasaporte;
non esquecer asinar a solicitude;
rógase presentar a solicitude canto antes.
on 05 Xaneiro 2023

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 5 de decembro de 2022 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2023 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).

As probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio teñen por finalidade permitir ás persoas que non posúan o título de graduado en educación secundaria obrigatoria nin un título profesional básico, nin outros estudos equivalentes para os efectos de acceso, continuar a súa formación accedendo aos ciclos formativos de formación profesional de grao medio, nunhas condicións suficientes para cursaren con aproveitamento estas ensinanzas. 

As probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior teñen por finalidade permitir ás persoas que non posúan o título de bacharelato nin un título de técnico de formación profesional, nin outros estudos equivalentes para os efectos de acceso, a posibilidade de continuaren formándose en ciclos de formación profesional de grao superior, coa madureza e a idoneidade suficientes para cursaren con aproveitamento estas ensinanzas.

Validez das probas de acceso

1. De acordo co artigo 42 do Decreto 114/2010:

a) As probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior terán validez en todo o territorio do Estado. O acceso a cada ciclo formativo de grao superior quedará determinado de acordo coa partes específica da proba superada.

b) Quen realice a proba na Comunidade Autónoma de Galicia e non a supere na súa totalidade poderá manter a cualificación obtida nas partes superadas cunha puntuación igual ou superior a cinco en futuras convocatorias de probas de acceso a ciclos formativos en Galicia, durante os dous anos seguintes. 2. As exencións concedidas ao abeiro da presente convocatoria manterán a súa validez nas futuras convocatorias de probas de acceso a ciclos formativos de formación profesional en Galicia, sempre que se manteña a estrutura da proba.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230105/AnuncioG0655-091222-0001_gl.pdf

on 28 Decembro 2022

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, pola que se convocan as probas de aptitude para a obtención do título de xestor administrativo.

As solicitudes deberán presentarse no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221228/AnuncioV0654-221222-3_gl.pdf

on 28 Decembro 2022

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, pola que se convocan as probas de aptitude para a obtención do título de xestor administrativo.

As solicitudes deberán presentarse no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221228/AnuncioV0654-221222-3_gl.pdf

on 26 Decembro 2022

Dirixido exclusivamente a mulleres desempregadas para mellorar a ocupabilidade e a inserción laboral.

As 100 participantes recibirán información, orientación,asesoramento e formación:

ACCIÓNS FORMATIVAS

 Técnica en sistemas de enerxías renovables

 Atención ao cliente/a na hostalería, Servizos básicos de sala e barra

 Manipuladora de alimentos

 Creación e deseño de páxinas web, Iniciación á programación con PYTHOM

 Wordpress, Comunicación e marketing dixital Comercio-produtos frescos: carnizaría e chacinaría

 Formación de formadores/as, Avaliación de competencias, Programación porcompetencias

 Inglés B1, B2

 Creación de contidos dixitais, Mobile learning, Gamificación: aprendizaxe divertida Igualdade e empoderamento feminino no ámbito laboral

 Técnicas de coaching, mentoring, Intelixencia emocional (teleformación)

 Habilidades sociais (teleformación), TIC´s na busca de emprego

 Fomento do emprendemento

Prácticas non laborais en empresas de Santiago

 Titorías personalizadas para definir a túa formación: podes facer os cursos quemáis te interesan, desde 30 horas de duración

 As accións formativas se desenvolverán ao longo do ano 2023 en horariosflexibles, en Santiago

Axuda de 7€ por día de asistencia 

Persoas interesadas inscriberse na web: https://bit.ly/3vfBAaE

Información: 981 543 060 de 09:00 a 14:00h de luns a venres,

E-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 Edificio CERSIA, Rúa Alcalde Raimundo López Pol s/n, San Lázaro, Santiago deCompostela.

on 16 Decembro 2022

Para que poidas prepararte, ao teu ritmo en modo de autoformación, de cara a superar as probas libres de competencias clave que convoca anualmente a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, tes a túa disposición no Campus Virtual de Emprego os oito cursos relacionados cos niveis 2 e 3 das competencias clave.

Ten en conta que a realización desta formación non conduce á obtención da competencia clave correspondente! Para iso terás que superar o exame oficial da convocatoria correspondente.

Esta formación en liña é unha canle de apoio e axuda para procurar a mellor preparación posible de cara ás probas libres. Aproveita estes contidos!

Información completa: https://emprego.xunta.gal/portal/gl/10-demandantes/demandantes-gl/340-compentecias-clave.html

Acceso ao campus de formación: https://campusvirtualemprego.xunta.gal/course/index.php?categoryid=2