on 11 Setembro 2023

A Fundación Endesa e Fundae poñen á túa disposición recursos formativos da súa plataforma dixital “ZUME” para a potenciación de oportunidades e mellora da empregabilidade dos profesionais maiores de 50 anos.

Podes acceder a eles directamente a través das seguintes ligazóns.

Ligazón: https://digitalizateplus.fundae.es/digitalizate/1/75

on 11 Setembro 2023

Destinado a persoas ocupadas, autónomas e desempregadas.

Ligazón: https://cepformacionyempleo.com/cursos

on 29 Agosto 2023

Cursos gratis para mozos/as desempregados/as con idades comprendidas entre 16 e 29 anos, rexistrados/as e beneficiarios/as no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (ámbito nacional).

  • Intelixencia Artificial e Machine Learning.
  • Marketing 360º, Intelixencia Artificial e Web 3.0
  • Robótica.
  • Introdución á programación con intelixencia artificial e prompts de ChatGPT.
  • Creador de contidos: Podcast, Twitch e TikTok.
  • Desenvolvemento de Poroyectos Fotovoltaicos.
  • Curso de Especialista en Marketing Dixital, Web3 e vendas aplicando ferramentas de intelixencia artificial.
  • Consultor Cloud.
  • Desenvolvemento de alimentos biotecnolóxicos.
  • Introdución ao Testing.
  • Curso de Experiencia de Usuario, Usabilidade e Produto Dixital.
  • Arte en 2D e 3D.
  • Creación de videoxogos con Unity.
  • Curso de influencer, creador de contido profesional para empresas.

https://www.eoi.es/es/empleo/empleo-joven/formacion-para-el-empleo-joven?province=All

on 28 Agosto 2023

Obxectivos: 

  • Analizar a viabilidade do proxecto das persoas interesadas en emprender

  • Dar a coñecer os pasos que hai que dar para crear unha entidade de economía social

  • Dar a coñecer as liñas de axuda e financiamento ás que poden optar para abordar con éxito o seu proxecto.

Programa:

MÓDULO 1. Análise da viabilidade do proxecto

MÓDULO 2. Proceso de constitución dunha cooperativa ou sociedade laboral

MÓDULO 3. Financiamento, liñas de axuda e outros recursos para a creación de entidades de economía social

MÓDULO 4. Oportunidades de emprendemento

 

As inscricións estarán abertas ata o 31 de agosto de 2023. http://www.eusumo.gal/como-crear-unha-entidade-de-economia-social-edicion-v

on 11 Agosto 2023

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2023 pola que se convocan os cursos de prevención de riscos laborais, nivel básico, para persoal empregado público, traballador por conta allea ou autónomo, empresario e persoa con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

O prazo de presentación de solicitudes será do 18 ao 27 de agosto de 2023.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal https://egap.xunta.gal/cas/login?service=https%3A%2F%2Fegap.xunta.gal%2Fmatricula%2F desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230811/AnuncioO150-040823-0001_gl.pdf

on 02 Agosto 2023

 O curso de “Auxiliar de transporte e comedor escolar” terá unha duración de 50 horas.

Pódese facer en modalidade presencial (en Boiro) ou en modalidade en liña.

Vai dirixido a persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social.

Datas: do 21 ao 31 de agosto de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 horas

INSCRICIÓNS:

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Teléfono: 636 973 517